miniatura|O Arnold baseouse no Benz Velo (na foto). O Arnold foi un dos primeiros automóbiles fabricados no Reino Unido. Foi producido en East Peckham (Kent, Inglaterra) entre 1896 e 1898.
Historia William Arnold & Sons de East Peckham, Kent, foi unha empresa de enxeñería agrícola fundada aproximadamente en 1844.
En 1895 adquiriron unha licenza para construír coches Benz. Como Arnold Motor Carriage Co. desde 1896 a 1898 a empresa construíu doce coches co deseño da Benz, pero cos seus propios motores. Dous Arnolds foron expostos no Crystal Palace en 1896.
Un Arnold de 1896 estaba equipado co primeiro arranque automático do mundo, do enxeñeiro eléctrico H.J. Dowsing. Era un dynamotor xunto ao volante, deseñado para axudar aos coches a subir os outeiros e para arrincar o motor.
Consérvanse soamente dous coches Arnold.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Fabricantes de automóbiles do Reino Unido Categoría:Modelos de automóbiles