A dos zifíidos (Ziphiidae) é unha familia de mamíferos cetáceos odontocetos, a única da superfamilia dos zifioideos, que inclúe os zifios.

Trátase da familia de grandes mamíferos menos coñecida: varias das súas especies non se descubriron até as dúas últimas décadas do século XX.

Os zifios son o segundo grupo de cetáceos en canto a número de especies, despois da familia dos golfiños, e foron un dos primeiros que diverxeron da liñaxe ancestral.

Os fósiles máis antigos encontráronse en sedimentos do mioceno, de hai uns 20 millóns de anos.

Características miniatura|240px|Zifio de Arnoux saltando, na Antártida. Os membros desta familia teñen un tamaño medio (para cetáceos), comprendido entre os 2 e os 14 m de lonxitude, e un peso que vai desde 1 a 15 t. A súa principal característica distintiva é a presenza dun fociño fino, similar ao de moitos golfiños, pero aínda máis estreito e dous sucos que converxen na garganta. Tamén se caracterízan por teren a aleta caudal sen incisura, as pectorais e a dorsal pequenas, e esta última situada nunha posición moi posterior.Zifios en Centro de Conservación Cetacea (CCC), de Chile.

Aínda que Tasmacetus shepherdi é unha excepción, a maioría das especies desta familia só teñen un ou dous pares de dentes, e incluso estes poden faltar nas femias. A miúdo presentan dimorfismo sexual marcado.

Coñécese moi pouco sobre a vida destes cetáceos, e mesmo algunhas especies, estudadas a partir de exemplares mortos, nunca se observaron en vida, probabelmente debido a que os seus hábitats están en augas oceánicas, moi afastadas das costas. Actualmente coñécense unhas 20 especies, pero podería haber outras aínda descoñecidas.

Taxonomía Descrición A familia foi descrita polo naturalista inglés John Edward Gray —segundo os autores— en 1850,Ziphiidae Gray, 1850 no WoRMS, en Catalogue of the Mammalia in the collection of the British Museum, with descriptions of all the species and figures of the genera. Part I. Cetacea,Ziphiidae Gray 1850 en Fossilworks. ou en 1865, en Proc. Zool. Soc. Lond., 1865: 528.Ziphiidae en MSW.

Etimoloxía O nome da familia, Ziphiidae, foi cuñado por Gray e está formado, como é obrigatorio, sobre a base da raíz do nome do xénero elixido como tipo, Ziphius, -is, en xenitivo, é dicir, Ziphi-, engadíndolle a desinencia -ǐdae, propia das familias dos animais.

Sinonimia Ao longo do tempo, a familia dos Ziphiidae coñeceuse tamén polos sinónimos: Ananarcinae Gill, 1871 (incorrecto gramaticalmente) Heterodontidae Girard, 1852 Hyperoodontidae Gray, 1846 Xiphidae Ameghino, 1889 Ziphiinae Brandt, 1873 (Nota: véxase máis abaixo Subfamilia dos zifiinos.)

Clasificación da familia dentro dos cetáceos

A familia dos zifíidos comprende unha superfamilia con 6 xéneros actuais cun total de 21 especies.

Orde Cetacea Suborde Odontoceti Superfamilia Ziphioidea Familia Ziphiidae Subfamila Berardiinae Xénero †Archaeoziphius Xénero Berardius Berardius arnouxii – zifio de ArnouxLauherta e Vázquez (2000), pp. 313-314. Berardius bairdii Xénero †Microberardius Subfamilia Hyperoodontinae Xénero †Africanacetus Xénero Hyperoodon Hyperoodon ampullatus – zifio caldeirón Hyperoodon planifrons – zifio caldeirón austral Xénero Indopacetus Indopacetus pacificus Xénero Mesoplodon Mesoplodon bidens – zifio de Sowerby Mesoplodon bowdoini Mesoplodon carlhubbsi Mesoplodon densirostris – zifio de Blainville Mesoplodon europaeus Mesoplodon ginkgodens Mesoplodon grayi Mesoplodon hectori Mesoplodon layardii Mesoplodon mirus – zifio de True Mesoplodon peruvianus Mesoplodon perrini Mesoplodon stejnegeri Mesoplodon traversii Xénero Ziphius Ziphius cavirostris – zifio de Cuvier (Nota: véxase máis abaixo Subfamilia dos zifiinos.) Xéneros Incertae sedis †Nenga †Pterocetus †Xhosacetus

Subfamilia dos zifiinos Algúns autotes consideran, ademais, a subfamilia dos zifiinos,Ziphiinae no SLI da Universidade de Vigo.Ziphiinae Gray 1850 en Fossilworks. que incluiría, entre os taxons con especies actuais, ademais do xénero Ziphius, o xénero Tasmacetus, ambos monoespecíficos. Porén, a maioría das bases de datos de especies non recoñecen esta subfamilia, integrando ambas as especies na familia dos zifíidos.Ziphiinae Brandt, 1873 no WoRMS.

Subfamilia Ziphiinae Xénero †Caviziphius? Xénero †Choneziphius Xénero †Globicetus Xénero †Imocetus Xénero †Izikoziphius Xénero †Tusciziphius Xénero Tasmacetus Tasmacetus sheperdi Xénero Ziphius Ziphius cavirostris

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Carwardine, Mark (1995): Ballenas, delfines y marsopas. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1037-3. Díaz d'a Silva, J. I. e Cartelle, Y. (2007): Guía dos mamíferos de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 978-84-96893-20-7. Duguy, R. e Robineau, D. (1987): Guía de los mamíferos marinos de Europa. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0811-5. Heyning, John E (2002): "Cuvier's Beaked Whale", en Jefferson, Thomas A. Encyclopedia of Marine Mammals, pp. 305–307. San Diego (California): Academic Press. ISBN 0-12-551340-2. Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8. Perrin, William F., Bernd Wursig & J. G. M. Thewissen (eds.) (2002): Encyclopedia of Marine Mammals. 2ª ed. San Diego, California: Academic Press. ISBN 978-0-12-373553-9. Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos Cetáceos Odontocetos Cetartiodáctilos

Ligazóns externas Ziphiidae na ADW . Ziphiidae na EOL. Hyperoodontidae na EOL. Ziphiidae en Fossilworks. Ziphiidae Gray, 1850 no ITIS. Hyperoodontidae Gray, 1846 no ITIS.

Categoría:Ziphiidae