Santa María de Loureda é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Arteixo na comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2016 tiña 1612 habitantes (794 homes e 818 mulleres), 401 máis ca en 1999. Ten 19 entidades de poboación.
Patrimonio miniatura|left|Mapa do couto de Loureda incluído no Catastro de Ensenada, 1752. Igrexa de Santa María de Loureda. igrexa románica do século XII, que conserva a ábsida, abovedada e con arcos apuntados. O retablo interior é obra do escultor Xosé Ferreiro. Reitoral de Loureda. De estilo barroco rural. Pazo de Atín. Pedrafita dos Montes de Santa Locaia, tamén coñecido como Pedra do Guicho ou Marco da Anta, único menhir do megalitismo da Costa da Morte que se encontra nos lindes de Arteixo e da Laracha.
Festas A festa patronal de Loureda é a Nosa Señora, o 15 de agosto. No mes de xuño tamén se celebra o Corpus e, o día 13, Santo Antón. O 16 de xullo festéxase a Virxe do Carme.
Gastronomía En 1921 Uxío Carré Aldao fala en El Ideal Gallego da elaboración dun tipo de pan grande e de forma piramidal chamado Arteixana que se facía con broa e que se condimentaba e vendía no lugar do Foxo. A tradición de produción de pan continúa hoxe, e desde 1975, no lugar de Mins, coa elaboración de moletes e bolas cocidos en forno de leña.
Tradicións O historiador arteixán Xabier Maceiras documentou a existencia do xogo tradicional chamado Os paquetes, que se iniciou na desaparecida taberna Casa Trigo do Foxo e que se continúa celebrando hoxe no Igrexario.
Lugares e parroquias Lugares de Loureda
Parroquias de Arteixo miniatura|esquerda|As trece parroquias que conforman o concello de Arteixo.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Arteixo
Categoría:Parroquias de Arteixo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María