Co nome de zifios caldeirón coñécense as dúas especies de cetáceos odontocetos que comprende o xénero Hyperoodon, da familia dos zifíidos, o zifio caldeirón Lahuerta e Vázquez (2000), p. 213). propiamente dito, ou zifio caldeirón boreal (Hyperoodon ampullatus) e o zifio caldeirón austral (Hyperoodon planifrons).

Aínda que as dúas especies son fisicamente bastante semellantes, as súas historias recentes son moi diferentes: a especie austral foi pouco observada, nunca foi cazada e é probabelmente o zifíido o máis abundante das augas antárticas; porén, a especie do norte foi duramente cazada por noruegueses e británicos durante o século XIX e principios do XX. Noruega deixou de cazala en 1973.

Descrición As dúas especies son grandes, de 8 a 10 m de lonxitude en estado adulto. O melón é prominente e de forma ovalada (parecido ao dos caldeiróns, ao que alude o seu apelido). O fociño co bico relativamente longo (máis curto e arredondado nas crías), de cor branca nos machos e gris nas femias. Polo xeral teñen só dous dentes, na mandíbula inferior, visíbeis só nos machos (nas femias quedan ocultos nas enxivas). A aleta dorsal é relativamente pequena, desprazada cara a atrás e normalmente inclinada. A parte superior do corpo destes zifios adoita ser de cor gris escura na especie boreal e gris clara na austral. As dúas especies teñen a parte inferior de cor máis clara.Carwardine, M. (1995), pp. 108-111.

Distribución e poboación Zifio caldeirón boreal O zifio caldeirón boreal é endémico do océano Atlántico norte, onde vive en augas frías árticas e subárticas preferiblemente profundas. Encóntrase no estreito de Davis, nas costas da Nova Escocia e nas máis setentrionais do mar do Labrador (Canadá), sobre todo na entrada do estreito de Hudson, no océano Ártico, no mar de Groenlandia e no e de Barents.

Na parte oriental da súa área de distribución se estende desde as augas árticas, desde Groenlandia e as illas Spitzberg (Svalbard) ás máis temperadas do mar do Norte, chegando ás veces até latitudes tan baixas como o golfo de Biscaia. Hai citas de varamentos en todas as costas europeas, pero son moi raras nas costas atlánticas francesas, e non foi confirmada a súa presenza no Mediterráneo.Duguy e Robineau (1987), pp. 154-155.

A especie foi observada ocasionalmente nas Azores,Steiner, L., Gordon, J. e Beer, C. J. (1998): "Marine Mammals of the Azores". Abstracts of the World Marine Mammal Conference. Monaco. e ao sur das do Cabo Verde, aos 15 ºN.Ruud, J. T. (1937): "Bottlenosen Hyperoodon rostratus". Norsk Hvalfangst Tidende 12: 456-458.

En xaneiro de 2006, un zifio caldeirón boreal foi avistado no centro de Londres, no río Támese.Intentan devolver al mar una ballena que nadó por el río Támese hasta el centro de Londres El Mundo (España), 20/01/2006.

A poboación total descoñécese, aínda que se estima que é da orde de 10 000 individuos. A UICN, en 2013 consideraba que non había datos suficientes para avaliar o seu status de conservación, polo que cualificou á especie como CC.Hyperoodon ampullatus na Lista vermella de especies ameazadas da UICN.

Zifio caldeirón austral

O zifio calderón austral ten unha distribución circunscrita ao Polo Sur, no océano Antártico ao sur dos 30 °S.Jefferson, T. A., Leatherwood, S. e Webber, M. A. (1993) Marine Mammals of the World: FAO Species Identification Guide. Roma: FAO. Avistáronse tamén algúns individuos máis ao norte, até os 70 °S.

No verán encóntranse tan ao sur como nas augas da costa antártica, e en inverno tan ao norte como as costas de Suráfrica, a illa norte de Nova Zelandia, Australia, illas Malvinas, Arxentina, Uruguai e sur do Brasil.Hyperoodon planiofrons na Lista vermella de especies ameazadas da UICN.

A súa presenza é incerta nas costas de Dinamarca, Marrocos, Sáhara Occidental, Mauritania e a Federación de Rusia.

Pénsase que existe unha poboación global duns 500 000 individuos, e a UICN cualificou en 2013 o seu estado de conservación como LC, pouco preocupante.

Mapas de distribución

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Carwardine, Mark (1995): Ballenas, delfines y marsopas. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1037-3. Duguy, R. e Robineau, D. (1987): Guía de los mamíferos marinos de Europa. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0811-5. Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8. Perrin, William F., Bernd Wursig & J. G. M. Thewissen (eds.) (2002): Encyclopedia of Marine Mammals. 2ª ed. San Diego, California: Academic Press. ISBN 978-0-12-373553-9. Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos Cetáceos Odontocetos Zifíidos Zifio caldeirón Zifio caldeirón austral

Ligazóns externas Hyperoodon en ADW.

Categoría:Ziphiidae