O Castro de Ricos, Castro de Vilanova ou Castro de Medorra é un poboado castrexo situado no lugar do Castro na parroquia de Visantoña, (Mesía).
Morfoloxía O castro é un amplo recinto de forma circular con moitas irregularidades no seu trazado. Está totalmente rodeado por un parapeto, que acada na súa parte máis alta uns 3 metros. No sector setentrional ten dúas entradas: unha estreita, de orixe recente, e outra que podería ser a orixinaria. Na zona meridional foi destruída boa parte do parapeto e alí apréciase que foi construído de terra. Hai referencia de achados de muíños circulares Xacementos arqueolóxicos. Plano Xeral de Ordenación Municipal de Mesía..
Arqueoloxía Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non se pode visitar.
Conservación A titularidade está en mans privadas. A destrución do parapeto foi froito da concentración parcelaria, logo dunha distribución de terras.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña
Ricos