270px|miniatura|Lois o Piadoso (Biblioteca Nacional de Francia). Lois I coñecido como «o Piadoso» ou Ludovico Pío (en latín, Ludovicus Pius), nado o 16 de abril de 778 en Cassinogilum (o lugar foi identificado como o actual Chasseneuil)Eginardo, o biógrafo de Carlomagno, escribe Cassanoilum. Ademais de Chasseneuil —nas proximidades de Poitiers— os historiadores tamén propuxeron como posibles as localidades de Casseneuil (Lot e Garona) ou Casseuil (Xironda). e finado o 20 de xuño de 840 en Ingelheim am Rhein, foi o único fillo de Carlomagno que chegou á idade adulta e foi o seu sucesor como rei dos francos e emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico (814-840).
Traxectoria Durante a súa mocidade foi rei de Aquitania (781-840), e foi responsábel da defensa das fronteiras meridionais do imperio. Conquistou Barcelona aos árabes o 801, e reforzou a autoridade franca sobre Pamplona e os vascos o 813.
Durante o seu reinado como emperador, incorporou os seus fillos adultos Lotario, Pipino e Lois no goberno. A primeira década de goberno estivo marcada por traxedias e desprestixios, especialmente polo tratamento brutal que inflixiu ao seu sobriño Bernaldo de Italia polo cal Lois se arrepentiu publicamente. Á década do 830 o imperio viuse dividido pola guerra civil entre os seus fillos, que loitaban polo poder, especialmente despois de que Lois intentase incluír o fillo da súa segunda muller, Carlos, no seu testamento. Malia que Lois conseguiu restablecer a orde, á súa morte os seus fillos retomaron a guerra civil durante tres anos antes de se repartiren o imperio co Tratado de Verdún.
A súa vida é ben coñecida polo relato que fai O Astrónomo, cronista oficial dos francos, na súa Vita Hludovici. Rei de Aquitania Naceu o 16 de abril do 778 e foi o cuarto fillo de Carlomagno (o terceiro con Hildegarda de Vintzgau). O 781, cando tiña só 3 anos, foi nomeado rei de Aquitania, un dos reinos do Imperio carolinxio, e enviado ao país acompañado por rexentes e unha corte para poñer orde nas rebelións que estaban tendo lugar como consecuencia da derrota dos exércitos de Carlomagno no intento de conquista de Zaragoza e na Batalla de Roncesvales (778).
Durante os anos 800-801 dirixiu a expedición que vai conquistar Barcelona aos musulmáns e despois foi o encargado de nomear os primeiros condes de Barcelona desde Berà ata Bernaldo de Septimania. Os anos 804, 808 e 809 organizou outras expedicións contra territorio musulmán que non conseguiron ningún éxito importante. miniatura|left|190px|Carlomagno coroando co-emperador a Lois (miniatura do s. XIV). Segundo o documento Divisio Regnorum (806), Carlomagno previra repartir o Imperio entre os seus fillos. Carlos habíase converter en Emperador dos francos, Pipino en rei de Italia e Lois herdaría Aquitania, Septimania, Provenza e parte de Borgoña. Pero todos os irmáns de Lois morreron antes do seu pai, de forma que el se converteu no único herdeiro de todos os reinos francos, non sendo Italia, que Carlomagno cedeu ao fillo de Pípino e neto seu Bernaldo de Italia.
O 813 con Carlomagno xa doente e tras morreren os seus outros fillos Carlos de Neustria e Austrasia e Pipino de Italia (que deixou un só fillo de nome Bernaldo), Gerric, un dos principais oficiais de Aquitania, e outros conselleiros de Lois recomendáronlle ir xunto ao seu pai; pero Lois rexeitouno para que non parecese que o facía por ambición, e esperou ordes de Carlomagno. O verán foi chamado a Aquisgrán onde nunha asemblea xeral en setembro foi nomeado co-emperador co seu pai, volvendo a pasar o inverno en Aquitania. Á morte do pai, o 28 de xaneiro do ano seguinte, herdou o imperio.
Emperador miniatura|esquerda|O imperio carolinxio no ano 814 Cando Lois recibiu a noticia da morte do seu pai, o 1 de febreiro do 814 estaba celebrando a asemblea xeral do reino en Doué en Anjou. Ao cabo de cinco días saíu cara a Aquisgrán onde chegou avanzado febreiro e coroouse emperador nunha asemblea xeral na que o seu sobriño Bernaldo o recoñeceu como superior e fixo o xuramento igual que todos os outros nobres do reino. Obrigou aos curmáns de seu pai a tomar ordes monásticas e pechou as súas irmás en conventos, para evitar que casasen con maridos que puidesen poñer en perigo a súa autoridade. Ao final do mesmo ano enviou ao seu fillo Pipino a Aquitania, reino que lle cedeu nas mesmas condicións nas que o tivera el en vida do pai. Pipino é coñecido como Pipino I de Aquitania e non foi coroado formalmente ata a dieta de Aquisgrán do 817. Esta demora deberíase ao final da tregua cos musulmáns, que trouxo enfrontamentos cuxos detalles se descoñecen, e a unha epidemia de peste e fame que afectarían a parte de Aquitania.
O 816 o Papa Estevo V atopouse con Lois en Reims e volveuno a coroar emperador. Deste xeito o Papado vía reforzada a súa influencia ao verse recoñecida a súa importancia ás coroacións imperiais. Ordinatio Imperii O xoves santo do 817, Lois e a súa corte sufriron un accidente ao afundirse a galería de madeira que conectaba o palacio coa catedral de Aquisgrán. Moitos morreron, e tras ver a morte tan preto Lois empezou a pensar na súa sucesión.
Tres meses despois emitiu un decreto imperial chamado Ordinatio Imperii, no que repartía a súa herdanza: Lotario, o seu fillo máis vello, foi proclamado por seu pai co-emperador, e era nomeado herdeiro da coroa de todos os reinos francos, agás os que recibiron os seus irmáns. Pipino, o segundo fillo, foi proclamado rei de Aquitania, e o seu territorio incluía a Gascuña, a marca ao redor de Tolosa, e os condados de Carcasona, Autun, Avallon e Nevers Lois, o fillo pequeno, recibiu o título de rei de Baviera e as marcas da contorna. Bernaldo, o fillo do seu irmán, Pipino de Italia, foi confirmado como rei de Italia. Carlomagno permitira a Bernaldo herdar o título do seu pai.
O Imperio non se podía dividir, e todos os reis dos reinos francos tiñan que obedecer ao emperador. Deste xeito, o fillo máis vello, Lotario, recibía unha dignidade superior ao resto de irmáns, e unhas terras moito máis extensas. miniatura|280x280px|Lois facendo penitencia en Attigny. Gravado do s. XIX
Bernaldo de Italia A ordinatio imperii deixaba claro que o reino de Italia estaba subordinado ao emperador. Bernaldo de Italia, que desexaba continuar coa súa autonomía, empezou a planear unha declaración de independencia respecto aos reinos francos. Ao se decatar, Lois reuniu un exército e dirixirse cara á fronteira italiana. Intimidado pola rápida reacción do seu tío, Bernaldo rendeuse e someteuse a el. Lois sentenciouno a morte, malia que decidiu conmutarlle a pena pola de deixalo cego. Aínda así, unha vez que lle tiraron os ollos, Bernaldo morreu, logo de dous días de agonía.
A morte do seu sobriño había pairar sobre a conciencia de Lois durante o resto da súa vida. Cando en 818 a súa esposa Ermengarda de Hesbaye morreu, Lois creu que a morte era un castigo divino, posto que Ermengarda influíra durante as decisións que tomou en relación ao seu sobriño.
O 822 Lois fixo penitencia pedindo perdón polo trato a Bernaldo ante o papa Pascual I e un consello de clérigos e nobres. O prestixio de Lois viuse afectado a raíz deste episodio. Primeira guerra civil
O ano 820 Lois volveuse a casar, con Xudite de Baviera, e en 823 tería un fillo coa súa segunda esposa. O nacemento deste novo fillo, de nome Carlos, acabou cos pactos establecidos na Ordinatio Imperii, posto que os intentos de Lois de deixar parte da herdanza ao seu novo fillo toparon coa oposición dos tres fillos da primeira esposa.
O 829, en Worms, Lois deu Alemaña a Carlos, diminuíndo significativamente a porción que fora asignada ao seu herdeiro Lotario que se enfureceu pola perda dos seus territorios. Co apoio dos seus irmáns, Lotario acusou a Xudite de cometer adulterio co conde de Barcelona Bernaldo de Septimania, e a Carlos de ser un fillo bastardo. O 830, cando Lois volvía dunha campaña a Bretaña, atopou o seu imperio no medio dunha guerra civil. Pipino de Aquitania e Lois o Xermánico encarceraran a Xudite en Poitiers, e Bernaldo de Septimania tivera que fuxir a Barcelona.
Mentres tanto Lotario reunira un grande exército, e Lois para salvar a situación prometeu a Pipino e Lois unha parte máis grande da herdanza se cambiaban de bando e o axudaban a combater a Lotario. Finalmente Lois conseguiu capturar a Lotario e recuperar o control. Lotario foi perdoado, pero foi exiliado a Italia. miniatura|Moeda emitida por Lois, coa súa efixieGrierson & Blackburn & Travaini (1998), p. 329|162x162px
Segunda guerra civil Na dieta ou asemblea xeral de Thionville do outono do 831, Bernaldo de Septimania foi rehabilitado; estaban presentes na reunión Lotario I de Italia e Lois de Baviera; Pipino I de Aquitania escusou con varios motivos a súa asistencia malia as ordes directas do emperador,A causa podería ser as advertencias sobre as intencións do emperador que lle fixo Wala de Corbie que estaba exiliado no mosteiro da illa de Noirmoutiers en Aquitania; parece que tamén estaba descontento de que despois do papel decisivo que el e o seu irmán Lois de Baviera habían ter no restablecemento do seu pai, non lles daba parte ningunha no goberno mentres o monxe Gombau de Saint-Médard de Soissons, que había ter unha parte similar, se volvera todopoderoso pero finalmente, baixo orde paterna, tívose que presentar en decembro en Aquisgrán onde estaba Lois o Piadoso; este amoestouno e ordenoulle que ficase ao seu carón e prohibiulle ausentarse sen o seu permiso, o que era un tipo de arresto. Pero logo das festas de Nadal Pipino evadiuse o día dos santos Inocentes (28 de decembro do 831) saíndo pola noite cara a Aquitania, acompañado dos señores que lle eran máis afectos. Houbo mesmo un tipo de vínculo secreto con Bernaldo de Septimania, que á súa vez estaba descontento por non ser restablecido na súa posición na corte.
Berenguer, conde de Tolosa e conselleiro de Pipino, aconselloulle que non se sublevase pero Bernaldo de Septimania instigouno. A principios do 832, Lois o Piadoso convocou unha dieta en Orleáns para discutir os métodos para volver a Pipino á obediencia. Lotario e Pipino e foron chamados, pero Lois apoiou ao seu irmán e non foi; aspiraba á parte de Xermania destinada ao seu medio irmán Carlos o Calvo. Lois o Piadoso iniciou a campaña contra os seus fillos rebeldes. Berenguer, leal ao emperador, entrou nos dominios de Bernaldo, apoderándose dalgúns deles, con seguridade o Rosellón (co Vallespir), probabelmente tamén Rasès e o Conflent. O 2 de febreiro do 832 Berenguer xa estaba en Elne.
Lois o Piadoso dirixiuse cara a Aquitania para reprimir a revolta, pero a insurrección de seu fillo Lois en Baviera apartouno desta empresa. Lois non conseguiu apoio da nobreza de Xermania e os soldados declaráronse polo emperador, tendo que retirarse e someterse. Acabada a súa tarefa en Xermania, Lois o Piadoso foi a Orleáns onde en setembro convocou unha dieta á que chamou a Pipino; este sentíase moi culpábel e non ousou presentarse; fixo ver que ía pero marchou dun lado á outro sen chegar a Orleáns e o emperador decidiu ilo buscar a Aquitania e dirixiuse cara ao palacio de Joac (Iocundiacum), á beira de Limoges. Pipino, vendo que non podía escapar á persecución do seu pai, foise botar aos seus pés e pediulle perdón, que o emperador lle concedeu. Fixo unha asemblea en Joac (final de setembro) onde o emperador presentou os reproches correspondentes a Pipino; para asegurar a súa fidelidade ordenoulle marchar a Tréveris coa súa esposa e os seus fillos, e prohibiulle saír da cidade ata nova orde; tamén tivo que dar testemuña da súa submisión. Bernaldo de Septimania e o seu irmán Gaucelmo foron privados dos seus honores pero por carencia de acusadores puidéronse retirar ás súas posesións patrimoniais tranquilamente.