miniatura|dereita|Vista posterior: A = tálamo humano, B = mesencéfalo, C = ponte de Varolio, D = bulbo raquídeo. lang=gl|miniatura|dereita|Esquema do encéfalo dun embrión de 4 semanas. lang=gl|miniatura|dereita|Esquema das subdivisións do encéfalo dun vertebrado co mesencéfalo en azul. miniatura|Mesencéfalo en vermello. Premer sobre a imaxe para vela en movemento. O mesencéfalo ou encéfalo medio é unha porción do encéfalo situada entre a rexión talámica (diencéfalo) e a rexión da ponte de Varolio e cerebelo (metencéfalo), que está asociada con certos aspectos da visión, audición, control motor, sono e vixilia, excitación (estado de alerta), e regulación da temperatura.Breedlove, Watson, & Rosenzweig. Biological Psychology, 6th Edition, 2010, pp. 45-46

Anatomicamente, comprende o téctum (ou tubérculos cuadrixéminos), o tegmentum, o acueduto de Silvio, e os pedúnculos cerebrais, xunto con diversos núcleos e fascículos. O mesencéfalo está situado debaixo do córtex cerebral, e sobre o rombencéfalo, polo que está preto do centro do encéfalo. Considérase parte do tronco cerebral.

Desenvolvemento

Durante o desenvolvemento embrionario, o mesencéfalo orixínase a partir da segunda vesícula que se forma no extremo anterior do tubo neural. A diferenza das outras dúas vesículas, o prosencéfalo e o rombencéfalo, o mesencéfalo non se divide ulteriormente durante o resto do desenvolvemento neural, e non forma novas áreas encefálicas.Martin. Neuroanatomy Text and Atlas, Second Edition, 1996, pp. 35-36.

Ao longo do desenvolvemento embrionario, as células do mesencéfalo multiplícanse continuamente e comprimen o acueduto de Silvio (ou acueduto cerebral) que está en formación. A obstrución parcial ou total do acueduto de Silvio durante o desenvolvemento pode orixinar o hidrocéfalo conxénito.

Funcións Leva impulsos motores desde o córtex cerebral ata a ponte de Varolio e impulsos sensitivos desde a medula espiñal ata o tálamo.

Os tubérculos cuadrixéminos superiores coordinan os movementos dos globos oculares en resposta a estímulos visuais e a outros estímulos, e os tubérculos cuadrixéminos inferiores coordinan os movementos da cabeza e tronco en resposta a estímulos auditivos.

Contén o núcleo de orixe dos nervios craniais dos pares III (nervio oculomotor) e IV (nervio patético ou troclear).

O mesencéfalo considérase parte do tronco cerebral. A súa substancia negra está asociada coas vías do sistema motor dos ganglios basais. O mesencéfalo humano orixínase no arquipalio, o que significa que a súa arquitectura xeral xa se observa nos vertebrados máis antigos. A dopamina producida na substancia negra e área tegmental ventral ten unha función na motivación e habituación en diferentes especies desde animais máis simples como os insectos ata os mamíferos como os humanos. O mesencéfalo intervén no relevo da información da visión e audición.

Anatomía O límite coa ponte de Varolio está ben definido, polo suco pontomensencefálico e o límite superior está determinado polas cintiñas ópticas. Está atravesado por un conduto estreito, o acueduto de Silvio (acueduto cerebral), por onde circula o líquido cefalorraquídeo desde o terceiro cara ao cuarto ventrículo. Está integrado polo tectum (teito) que se localiza na porción dorsal do mesencefalo, e o tegmentum (tegmento), que é a porción do mesencefalo situada debaixo do tectum. Incúe no seu espesor varios núcleos que controlan os movementos oculares: a substancia gris periacuedutal (constituída por corpos celulares de neuronas), o núcleo vermello, e a substancia negra, que son compoñentes importantes do sistema motor.

No mesencéfalo poden describirse tres caras:

Anterior. Nela obsérvase na liña media unha depresión profunda, a fosa interpeduncular, limitada a cada lado polo pedúnculo cerebral, formándose un espazo triangular de base superior, formado polo quiasma óptico e as cintiñas ópticas. Na parte anterior encontramos o tuber cinereum e na parte posterior existe unha zona perforada por pequenos vasos sanguíneos, de cor cincenta, denominada substancia perforada posterior, limitada cara a arriba polos tubérculos mamilares. Nun pequeno suco situado no lado medial do pé do pedúnculo cerebral ten a súa orixe aparente o nervio oculomotor ou III par cranial. Lateral. Por ela ascenden os brazos conxuntivais superior e inferior cunha dirección anterolateral. O brazo conxuntival superior conecta o tubérculo cuadrixémino anterior co corpo xeniculado lateral ou externo e a cintiña óptica. O brazo conxuntival inferior conecta o tubérculo cuadrixémino posterior co corpo xeniculado medial ou interno. Máis atrás hai un suco proundo, o suco lateral do istmo, que marca a beira inferior do pedúnculo cerebeloso superior e divide o pedúnculo cerebral en dúas zonas: unha anterior ou pé e outra posterior ou calota, de forma triangular e constitúe o triángulo de Reil. Posterior. Alí encóntranse os catro colículos ou tubérculos cuadrixéminos, que son eminencias arredondadas divididas en pares anteriores ou superiores (centros reflexos visuais) e posteriores ou inferiores (centros reflexos auditivos) polo suco cruciforme cuxo extremo anterior está en relación coa epífise e o seu extemo posterior relaciónase co vértice dunha lámina nerviosa triangular moi delgada situada no vértice anterosuperior do 4º ventrículo entre os pedúnculos cerebelosos superiores, a válvula de Vieussens. A este nivel, por debaixo do tubérculo cuadrixémino posterior ten a súa orixe aparente o nervio patético ou troclear (IV par cranial).

Tubérculos cuadrixéminos Os tubérculos cuadrixéminos son catro lóbulos sólidos sobre o lado dorsal do acueduto cerebral ou de Silvio. O par posterior superior está formado polos colículos superiores e o par posterior inferior polos colículos inferiores. Os catro lóbulos sólidos contribúen a decusar varias fibras dos nervios ópticos. Porén, algunhas fibras tamén discorren paralelas polo seu mesmo lado sen decusar (cruzar) ao lado contrario. O colículo superior está implicado nos movementos oculares sacádicos; e o inferior é o lugar onde fan sinapse as informacións sonoras. O nervio troclear sae da superficie posterior do mesencéfalo, por debaixo dos colículos inferiores.

Pedúnculos cerebrais Os pedúnculos cerebrais son estruturas pares presentes no lado ventral do acueduto cerebral, e levan o tegmentum no lado dorsal e a crista ou pé no lado ventral. A parte media dos pedúnculos cerebrais leva substancia ou materia negra, que é un tipo de núcleo basal. É a única parte do encéfalo que leva o pigmento melanina, o que lle dá a súa cor.

Entre os pedúnculos está a fosa interpeduncular, que é unha cisterna chea de líquido cefalorraquídeo. O nervio oculomotor sae entre os pedúnculos, e o nervio patético ou troclear é visible envolvéndose arredor da parte exterior dos pedúnculos. O nervio oculomotor é o responsable da constrición pupilar (parasimpática) e de certos movementos oculares.

Anatomía dunha sección do mesencéfalo miniatura|dereita|300px|Corte do mesencéfalo. O mesencéfalo secciónase xeralmente a nivel dos colículos superiores e inferiores. Unha sección transversal a nivel dos colículos superiores mostra o núcleo vermello, os núcleos do nervio oculomotor (e o núcleo de Edinger-Westphal asociado), a porción anterior dos pedúnculos cerebrais ou crus cerebri, e a substancia negra.Martin. Neuroanatomy Text and Atlas, Second edition. 1996, pp. 522-525. Unha sección horizontal a nivel dos colículos inferiores aínda deixa ver a substancia negra. Tamén é aparente o núcleo do nervio troclear, e a decusación dos pedúnculos cerebelares superiores. En ambas as seccións aparece o acueduto cerebral ou de Silvio, que conecta o terceiro ventrículo co cuarto e a substancia gris periacuedutal.

Organización mesencéfalo téctum colículos inferiores colículos superiores pedúnculos cerebrais tegmento mesencefálico crus cerebri substancia negra

Notas

Véxase tamén Outros artigos Prosencéfalo Rombencéfalo Ligazóns externas

Categoría:Sistema nervioso