Jorge Llorca Freire, nado en Ferrol en 1952, é un pintor e escritor galego.
Traxectoria Licenciado en Belas Artes pola Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. Comezou a expoñer en 1973 en Madrid e despois na Trienal de Compostela, centenario Caixavigo (1980), Mostra Unión Fenosa da Coruña e outras. Acadou premios de pintura, ilustrou libros e publicacións e a súa obra figura en museos e coleccións. Como escritor publicou relatos e artigos, foi finalista do Premio de Cuentos Estafeta Literaria, e gañador do Premio de Narracións Curtas Ateneo Ferrolán e do Premio Blanco Amor (2013) coa novela O violín de Rembrandt"El ferrolano Jorge Llorca ganador del premio “Novela Longa Blanco Amor”" Galicia Ártabra Digital.. É profesor da Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña. Tamén gañou o Premio Vicente Risco de Creación Literaria 2019 con O anxo de Durero.
Obras Narrativa O Salto do Can, 2009, Xerais. O violín de Rembrandt, 2014, Xerais. O anxo de Durero, 2020, Dr. Alveiros, Fundación Vicente Risco.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do autor no sitio web de Edicións Xerais de Galicia.
Bibliografía sobre Jorge Llorca en pintoresgallegos.com
Categoría:Pintores de Galicia do século XXI Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Gañadores do Premio Blanco Amor Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1952