Raís e lazos (en ) é un filme estadounidense dirixido por Alison Eastwood que se estreou no 2007. Está protagonizado por Kevin Bacon, Marcia Gay Harden e Miles Heizer. Estreouse en galego na TVG o 18 de setembro de 2011.

Sinopse Tom Stark, enxeñeiro ferroviario e maquinista, non sabe sobrelevar o cancro terminal que padece a súa esposa Megan. Refúxiase no traballo, en vez de intentar aproveitar con intensidade os seus últimos días con Megan para facela feliz. Pero unha inesperada desgraza vai estreitar os seus lazos. Un día unha muller deprimida coloca na metade da vía o seu automóbil, co seu fillo adolescente Davey dentro. Tom segue o regulamento de diminuír a velocidade, pero sen usar o freo de emerxencia, o que podería facer descarrilar o tren. Como resultado, a muller morre pero o rapaz salva a vida.

Personaxes Kevin Bacon como Tom Stark Marcia Gay Harden como Megan Stark Miles Heizer como Davey Danner Marin Hinkle como Renee Eugene Byrd como Otis Higgs Bonnie Root como Laura Danner Steve Eastin como N.B. Garcia Laura Cerón como Susan Garcia Margo Martindale como Judy Neasy Kathryn Joosten como Mrs. Brown

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2007 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes sobre suicidio Categoría:Filmes de 2007 con versión en galego