Shinzō Abe (en xaponés: 安倍 晋三, Abe Shinzō; AFI: [abe ɕinzoː]), nado en Tokyo o 21 de setembro de 1954 e finado o 8 de xullo de 2022 en Nara, foi un político xaponés, primeiro ministro do país nos inicios do século XXI.
Traxectoria Primeiros anos Shinzō Abe naceu en Shinjuku (Tokyo) o 21 de setembro de 1954, segundo fillo do xornalista do Mainichi shinbun Abe Shintarō e da súa esposa Yōko. O seu irmán máis novo, o tamén político Nobuo Kishi, foi adoptado polo seu tío materno pouco despois de nacer.
Carreira política Foi primeiro ministro do Xapón e presidente do Partido Liberal Democrático dende 2006 a 2007 e de novo de 2012 a 2020.
Asasinato
O 8 de xullo de 2022, Shinzō Abe foi asasinado mentres pronunciaba un discurso de campaña en Nara, e morreu pouco despois de sufrir, ao parecer, unha parada cardiorrespiratoria. Tiña 67 anos. A policía arrestou o presunto tirador, Yamagami Tetsuya de 41 anos, por intento de asasinato antes de que se anunciase a morte de Abe. O atacante explicou as súas accións como odio ao expolítico. Abe sucumbiu polas súas feridas na tarde do mesmo día.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Primeiros ministros do Xapón Categoría:Nados en Tokyo Categoría:Alumnos da Universidade de California do Sur Categoría:Nados en 1954 Categoría:Finados en 2022 Categoría:Asasinatos no Xapón Categoría:Finados por arma de fogo