José Regojo Rodríguez, nado en Fermoselle (Zamora) o 13 de novembro de 1900 e finado en Vigo o 14 de xaneiro de 1993, foi un empresario galego.

Traxectoria Empezou a súa actividade comercial en Portugal, dedicouse á venda de puntillas en Lisboa. Despois pasou a fabricar camisas, e instalou unha fábrica en Zamora. Coñeceu no Centro Galego de Lisboa á redondelá Rita Otero Fernández, filla de Juan Manuel Otero Milleiro, coa que casou en 1927. Instalouse en Redondela onde montou unha fábrica de camisas. Ao comezo da Guerra civil instalou unha fábrica de calzado para o Exército. Fabricou un tipo de camisas moi popular durante o franquismo e contaba co Exército como primeiro cliente. Foi un dos principais empresarios téxtiles. A mediados dos anos sesenta deixou a dirección das súas empresas por problemas de saúde, e empezaron a declinar ata que desapareceron.José Regojo, empresario camisero gallego Finou en Vigo o 14 de xaneiro de 1993.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 15-1-1993, p. 67. Recoñecementos

Medalla ao Mérito no Traballo.

Medalla Castelao, 1992.

Vida persoal

Casou con Rita Otero Fernández en 1927 e foi pai de Rita, Teresa, Juan Ángel, José, Concepción, Pedro e Alejandra Regojo Otero.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Vistiendo una época. Las empresas y proyectos de la saga familiar Regojo La gran mujer tras el imperio textil El tapiz de los Regojo

Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Medallas Castelao Categoría:Nados na provincia de Zamora

Categoría:Nados en 1900

Categoría:Finados en 1993 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes