San Cristovo de Corneira é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés da Baña na comarca da Barcala. Segundo o padrón municipal de 2015 tiña 325 habitantes (181 mulleres e 144 homes) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 496 habitantes.

Historia Os restos prehistóricos están presentes na mámoa e no petróglifo da Lagoa, situados no monte de Ferraces. Hai indicios tamén dun asentamento fortificado castrexo denominado Alto do Souto, pero as últimas prospeccións non foron moi frutíferas.

No ano 1607 era anexo da parroquia de San Xoán da Riba. A igrexa parroquial correspóndese ao terceiro terzo do século XVIII, facéndose a capela maior no século XIX. Ao longo do tempo sufriu varias transformacións.

Arquitectura popular O pazo de Ferraces atópase en estado ruinoso, pero conserva un patín co corredor cuberto e as portas ornamentadas con arcos conopiais e escudo ovalado que evoca aos Romero e aos Moscoso. Conta cun pombal.

Hai barios muíños: Porto Carros (moía todo o ano con auga do río Corneira), Sorubadas, da Braña, Vieiro (con augas do regato Foxá), de Vilar de Cerdeiras (rego de Foxos), do Baiares (rego de Foxos), de Ferraces, do Souto e de Vilanova.

Na parroquia hai un pombal de 12 pares, de Fausto García.

Festas 1º sábado despois de Corpus: Santísimo Sacramento. 3 de outubro: San Cristovo. 4 de outubro: San Francisco. 5 de outubro: San Roque, San Ramón e As Dores.

Lugares e parroquias Lugares de Corneira

Parroquias da Baña

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares da Baña

Categoría:Parroquias da Baña Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Cristovo