O tigre siberiano (Panthera tigris altaica), tamén coñecido como tigre de Amur, é unha subespecie de tigre que habita principalmente nos bosques de folla perenne do extremo sueste de Siberia e a fronteira entre Rusia e a China marcada polo río Amur.

No 2005, estimábase unha poboación de tigre siberiano que oscilaba entre os 331 e os 393 individuos adultos e subadultos na rexión, cunha poboación en idade reprodutora de 250 tigres. O número destes félidos mantívose estábel por máis dunha década grazas a un intenso esforzo de conservación, mais estudos realizados após o 2005 indican que a poboación do territorio ruso está decaendo.

Por outra banda, o tigre siberiano é a meirande das subespecies de tigre, así como tamén o maior félido existente.Mazák, V. (1981) Panthera tigris. Mammalian Species 152: 1–8.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Panthera tigris altaica en Iucnredlist.org

Categoría:Félidos Categoría:Animais descritos en 1884 Categoría:Símbolos de Corea do Sur