Thomas Bach, nado en Würzburg (Baviera) o 29 de decembro de 1953, é un ex-campión olímpico alemán de esgrima e actual presidente do Comité Olímpico Internacional, cargo para o que foi elixido durante a 125ª Sesión do COI, en Buenos Aires, en 2013.

Campión olímpico de esgrima (florete) por equipos en Montreal 1976 representando a Alemaña Occidental, campión mundial o ano seguinte en Bos Aires, expresidente do Comité Olímpico Alemán e membro do Comité Executivo do COI, foi elixido como 9º presidente do COI en 10 de setembro de 2013, sucedendo ao belga Jacques Rogge.

Foi elixido para un período de oito anos, coa posibilidade doutro máis de catro anos tralo final do primeiro mandato. Derrotou outros catro candidatos, o ucraíno Sergey Bubka, o portorriqueño Richard Carrión, o suízo Denis Oswald, o singapurés Ser Miang Ng e o taiwanés Ching-Kuo Wu, obtendo un total de 49 votos na segunda rolda de votación.

Véxase tamén

Ligazóns externas Thomas Bach, novo presidente do Comité Olímpico Internacional

Categoría:Presidentes do Comité Olímpico Internacional Categoría:Directivos deportivos Categoría:Esgrimistas de florete Categoría:Medallistas olímpicos en esgrima Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1976 Categoría:Medallistas olímpicos de ouro pola Alemaña Occidental Categoría:Esgrimistas olímpicos de Alemaña Occidental Categoría:Nados en Würzburg Categoría:Nados en 1953 Categoría:Presidentes dun Comité Olímpico nacional Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1976