O nardoNome vulgar galego en diferentes fontes: Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009 e Vocabulario ortográfico da lingua galega A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004, tamén coñecido coma tuberosa ou vara de San Xosé (Polianthes tuberosa) é unha planta da familia do agave, nativa de América do Norte. Está estreitamente relacionada co xénero Manfreda.

Etimoloxía O nome xenérico Polianthes significa "flor cinsenta". O nome específico deriva do latín tuberosa, é dicir, inchada ou tuberosa, en referencia ao seu sistema de raíces.

Os aztecas chamárona Omixochitl ou flor de óso.

A planta ten un lugar destacado na cultura india e na mitoloxía. As flores utilízanse nas cerimonias de voda, grilandas, decoración e diversos rituais tradicionais.

Distribución É oriúnda do centro e do sur de México.

Descrición A planta medra con alongadas espigas de até 45 cm de longo que producen acios de flores recendentes de cor cérea que florea dende a base cara a parte superior da espiga. Brillantes follas verdes agrupadas na base da planta e follas máis pequenas, ao longo do talo. As flores poden ser brancas ou de cor crema, úsase coma flor de corte e unha soa vara floral pode perfumar durante semanas un ambiente.

Das raíces da mesma extráese un óleo recendente que se emprega para facer perfumes, incenso e menciñas.

Sinonimia Agave tuberosa (L.) Thiede & Eggli (1999), nom. illeg. Agave polianthes Thiede & Eggli (2001). Crinum angustifolium Houtt. (1780). Tuberosa amica Medik. (1790). Polianthes gracilis Link (1821). Polianthes tuberosa var. gracilis (Link) Baker (1888). Polianthes tuberosa f. plena Moldenke (1948). Sinónimos en Kew

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Nardo índico (Nardostachys jatamansi)

Categoría:Agavaceae Categoría:Flora de América do Norte Categoría:Flores