Delfín Mein Estévez, que asinaba como Delfín M. Estévez, nado en Ribadavia en 1869 e finado en Vilagarcía de Arousa o 24 de xaneiro de 1929Necrolóxica en Diario de Pontevedra, 25-1-1929, p. 2., foi un xornalista galego. Traxectoria Instalouse en Vilagarcía de Arousa en 1890. Foi correspondente en Vilagarcía de Gaceta de Galicia e El Noroeste redactor de El Liberal e director de Galicia Nueva. Participou nas campañas e mitins de Acción Gallega. Foi candidato das Federacións agrarias de Cambados á deputado provincial polo distrito de Caldas-Cambados en 1914, pero non foi proclamado pola Xunta Electoral de Pontevedra. Coa ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro de Vilagarcía de Arousa.

Vida persoal Casou en primeiras nupcias con Antonia Cosío, que finou en 1904.

Notas

Categoría:Xornalistas de Ribadavia Categoría:Personalidades do agrarismo Categoría:Concelleiros de Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en Ribadavia Categoría:Nados en 1869 Categoría:Finados en 1929 Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos