Balaenoptera é un xénero de cetáceos misticetos da familia dos balenoptéridos, único da subfamilia dos balenopterinos (Balaenopterinae).

Este xénero comprende oito especies de rorcuais, todas as da familia excepto o xibardo (Megaptera novaeangliae) que, por si só, constitúe a outra subfamilia, a dos megapterinos (Megapterinae).

A especie Balaenoptera omurai foi descrita en 2003.Wada, S.; Oishi, M. e Yamada, T. K. (2003): "A newly discovered species of living baleen whale". Nature 426: 278–281. Resumo

Taxonomía Descrición O xénero Balaenoptera foi descrito en 1804 polo zoólogo francés Bernard-Germain de Lacépède na páxina 114 da súa obra Hist. Nat. Cetacees.Balaenopteridae no MSW.

Etimoloxía Lacépède construíu o termo Balaenoptera a partir dos elementos do latín científico Balaen-, tirado do latín bālæna, 'balea' (que, á súa vez, deriva do grego antigo φάλαινα phálaina), e -ptera, derivado do grego antigo πτερόν pterón, 'á' (intercalando un -o- para facilitar a pronuncia), en alusión ás longas aletas pectorais das súas especies. Literalmente: 'as baleas con ás'.

Sinónimos Ademais de polo nome cuñado por Lacépède, o xénero coñécese tamén polos sinónimos seguintes:Balaenoptera (Lacépède, 1804) no ITIS. Cuvierius Gray, 1866 Pterobalaena Eschricht, 1849 Rorqualus Cuvier, 1836 Catoptera Rafinesque, 1815

Clasificación O xénero Balaenoptera comprende as sete especies (oito, para algúns autores) seguintes:

Xénero Balaenoptera Lacépède, 1804 Balaenoptera acutorostrata Lacépède, 1804 Balaenoptera bonaerensis Burmeister, 1867 Balaenoptera borealis Lesson, 1821 Balaenoptera brydei Olsen, 1913 (Non aceptado; válido Balaenoptera edeni Anderson, 1878) Balaenoptera brydei Olsen, 1913 en WoRMS.Balaenoptera brydei na Lista da UICN. Balaenoptera edeni Anderson, 1878 Balaenoptera musculus Linnaeus, 1758 Balaenoptera omurai Wada, Oishi & Yamada, 2003 Balaenoptera physalus Linnaeus, 1758

En Galicia En augas próximas ás nosas costas, segundo a biibliografía dispoñíbel, pódense encontrar varias especies do xénero Balaenoptera.

Na Lista patrón de vertebrados de Galicia da SGHN, publicada no Tomo I da Xeografía de Galicia dirixida por Pérez Alberti,Pérez Alberti, A. (1982), p. 210. aparecen as dúas especies seguintes (indícanse os nomes vulgares galegos propostos): Balaenoptera physalus – rorcual de Bryl Probabelmente erro de imprenta por rorcual de Bryde. Balaenoptera borealis – rorcual boreal

Pola súa pare, no Vocabulario multilingüe dos profesores Lahuerta e Vázquez,Lahiuerta e Vázquez (2000), p. 309. cítanse (o que no quere dicir que forzosamente teñan que frecuentar augas galegas, senón só que teña nome no noso idioma), relaciónanse as seguintes: Balaenoptera acurrostrata – rorcual alibranco Balaenoptera musculus – rorcual azul Balaenoptera edeni – rorcual de Bryde ou balea de Bryde Balanoptera physalis O nome correcto é Balaenoptera physalus. – rorcual común Balaenopterus borealis O nome correcto é Balaenoptera borealis. – rorcual de pintas

Finalmente, na moderna Guía dos mamíferos de Galicia, os seus autores, Díaz d'a Silva e Cartelle,Díaz d'a Silva e Cartelle (2007), pp. 130-133. consideran catro especies (e inclúen os catro mapas de distribución correspondentes): Balaenpotera acurrostrata – balea alibranca Balenoptera borealis – balea de pintas Balaenoptera musculus – balea azul Balaenoptera physalus – balea común

Nota: sobre os nomes galegos destes rorcuais (ou baleas) véxase o artigo Balenoptéridos e a súa páxina de conversa.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Carwardine, M. (1995): Ballenas, delfines y marsopas. Guía visual de todos los cetáceos del mundo. Barcelona: Omega. ISBN 978-84-282-1037-3. Díaz d'a Silva, J. I. e Cartelle, Y. (2007): Guía dos mamíferos de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 978-84-96893-20-7. Duguy, R. e Robineau, D. (1987): Guía de los mamíferos marinos de Europa. Barcelona: Omega. ISBN 978-84-282-0811-5. Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 978-84-453-2913-8. Pérez Alberti, A. (dir.) (1982): Xeografía de Galicia. Tomo I. O medio. A Coruña: Edicións Sálvora. ISBN 978-84-85779-12-6. Perrin, William F., Bernd Würsig & J. G. M. Thewissen (eds.) (2002): Encyclopedia of Marine Mammals. 2ª ed. San Diego: Academic Press. ISBN 978-0-12-373553-9 Schokkenbroek, Joost C. A. (2008): Trying-out: An Anatomy of Dutch Whaling and Sealing in the Nineteenth Century, 1815-1885. Amsterdam: Aksant Academic Publishers. ISBN 978-90-5260-283-7. Tönnesen, J. N. & Arne Odd Johnsen (1982): The history of modern Whaling. Londres: C. Hurst & Co. ISBN 978-0-905838-23-6; Canberra: Australian National University Press. ISBN 978-0-7081-0749-2; Berkeley, California, USA: University of California Press. ISBN 978-0-520-03973-4. Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-4.

Outros artigos Cetáceos Misticetos Balenoptéridos Balenopterinos Caza de baleas Caza de baleas en Galicia

Ligazóns externas List of Marine Mammal Species and Subspecies en Society for Marine Mammalogy . Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) . Sociedad para la Conservación de Ballenas y Delfines / Whale and Dolphin Conservation Society (WDCS) FAO-OMS (1993): Marine mammals of the world .

Categoría:Balaenopteridae