A barra diagonal, barra oblicua ou barra (/) é un signo ortográfico auxiliar consistente nunha raia oblicua inclinada desde abaixo á esquerda a arriba á dereita.
Historia A barra diagonal foi creada no século XII polo italiano Boncompagno da Signa para representar unha pausa curta, mentres que a raia representaba unha pausa maior.
Usos Separar conceptos alternativos: amor/odio. Separar masculino e feminino en adxectivos ou substantivos: mozos/as. Separar versos dun poema cando non se reproduce igual. Nalgúns casos separar cifras, como en leis ou datas. Utilízase en lugar do punto en certas abreviaturas: r/, s/n. Úsase en Lingüística para encerrar fonemas.
Outros usos non lingüísticos Pódese empregar para separar os elementos dunha data: 17/05/1963. No Sistema Internacional de Unidades representa un cociente de magnitudes: km/h. En Informática adoita representar enderezos e en linguaxes de programación representa a división.
Matemáticas Representar fraccións: ½ . En expresións relativas a conxuntos lese tales que. Úsase para representar un conxunto cociente: G/H. Para representar paralelismo úsanse dúas barras diagonais ou ben dúas barras verticais: r//s, r||s. Sobre certos símbolos significa “o contrario”, como ≠ (non é igual).
Signo diacrítico
A barra diagonal tamén se usa como signo diacrítico. O caso máis habitual é o da letra Ø, usada en varias linguas, como o dinamarqués e o noruegués.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Barra vertical Barra inversa
Categoría:Puntuación Categoría:Símbolos Categoría:Símbolos matemáticos