thumb|Esquema dun fungo basidiomycota, estrctura de lamelas, e dos basidios nas marxes das lamelas. Un basidio, latín basidium (pl. en latín, basidia) é un órgano dos fungos do filo dos basidiomicetos, encargado de producir as esporas. É unha estrutura microscópica produtora de esporas atopada nos himenóforos dos corpos frutíferos dos fungos basidiomicetos. O basidio adoita portar catro esporas sexuais chamadas basidiosporas; ocasionalmente o número pode ser dous ou incluso nove. Nun basidio típico, cada basidiospora aparece na punta dunha prolongación ou corno chamada esterigma que é baleirada na madurez.
A verba basidium quere dicir literalemnte pequeno pedestal, pola forma pola que o basidio sostén as esporas. Porén, algúns biólogos suxestionan que a estrutura máis ben parece unha clava. Un basidio inmaturo coñécese coma basidiolo.
Notas
Ingold, C.T. 1998. Ballistosporic basidia. The Mycologist 12:50-52. Ingold, C.T. 1991. A view of the active basidium in heterobasidiomycetes. Mycological Research 95:618-621. Money, N.P. 1998. More g’s than the Space Shuttle: ballistospore discharge. Mycologia 90:547-558. Pringle, A., S.N. Patek, M. Fischer, J. Stolze, e N.P. Money. 2005. The captured launch of a ballistospore. Mycologia 97:866-871.
Véxase tamén Ligazóns externas IMA Glosario Micolóxico: Basidio (en inglés) APSnet Glosario Ilustrado da patoloxía das plantas: Basidio (en inglés) "Using a Microscope: Basidia and Cystidia" por Michael Kuo, MushroomExpert.com (en inglés) "Basidiomycota" por Koenraad Muylaert, (en holandés) Demonstrating basidiospore discharge by John Webster. Mycological Society of America Lab Manual (en inglés) Spore discharge and dispersal in mushrooms por Heino Lepp, Australian National Botanic Gardens (en inglés).
Categoría:Termos botánicos Categoría:Termos de micoloxía