San Martiño de Brabío é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Betanzos na comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2017 tiña 372 habitantes (205 mulleres e 167 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 424 habitantes.

Cultura Topónimo Brabío podería ser un fitotopónimo ou un antropónimo que xorde entre os séculos X e XIII. Para algúns autores procede dun termo latino que se refire a algo bravo ou deixado de cultivar. Para outros autores é un antropónimo prerromano que fai referencia dalgún xeito a un "señor".

Patrimonio Igrexa de San Martiño de Brabío. De estilo románico do século XII. Planta rectangular cunha soa nave. No interior hai un arco triunfal de medio punto sostido por dúas columnas unidas con capiteis de follas de acanto rematadas en bóla.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Brabío

Parroquias de Betanzos

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lugares de Betanzos

Categoría:Parroquias de Betanzos Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Martiño Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía