Michael Cimino, nado en Nova York o 3 de febreiro de 1939 e finado nos Ánxeles o 2 de xullo de 2016, é un director de cinema e guionista estadounidense.

Traxectoria Comezou a súa carreira como creativo de publicidade, convertédose nun recoñecido director de anuncios para a televisión. En 1971 marchou ós Ánxeles para traballar como guionista.

O seu primeiro filme como director foi Un botín de 500.000 dólares, con Clint Eastwood. O éxito fixo que tivese un gran número de novos proxectos. Finalmente dirixiu, coescribiu e coproduciu a película O cazador, co que gañou o oscar ao mellor director.

Tras estes grandes éxitos de crítica e público, a United Artists deulle liberdade para o seu novo filme, A porta do ceo. A película superou varias veces o seu orzamento e levou case á quebra o estudio. Logo deste fracaso, cada vez tivo máis dificultades para financiar os seus novos proxectos.

Obra Un botín de 500.000 dólares (1974) O cazador (1978) A porta do ceo (1980) Manhattan Sur (1985) The Sicilian (1987) 37 horas desesperadas (1990) The Sunchaser (1996) To Each His Own Cinema (2007; segmento No Translation Needed)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Nova York Categoría:Nados en 1939 Categoría:Finados en 2016 Categoría:Óscar ó mellor director Categoría:Alumnos da Universidade Yale