Michael Jackson's This Is It é un filme documental estadounidense dirixido por Kenny Ortega que documenta os ensaios e a preparación para o concerto de Michael Jackson "This Is It", que estaba previsto para o 13 de xullo de 2009, pero que foi cancelado debido á súa morte o 25 de xuño. É o filme tipo concerto e documental con maior recadación na historia do cinema. O filme amosa os ensaios dos números musicais de Jackson e a dirección do seu equipo de artistas, ademais de escenas das audicións de baile e do deseño de vestiario. O director do filme, Kenny Ortega, confirmou que ningunha das gravacións realizadas estaba prevista para ser estreada, pero despois da morte de Jackson, considerouse a súa publicación.

Galardóns e nomeamentos 2009: Nomeado ó Critics' Choice Awards: Mellor documental.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Filmes de 2009 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Kenny Ortega Categoría:Filmes de Columbia Pictures