Javier Cuíña Maceira, nado en Rellas (Silleda), é un veterinario e político galego.

Traxectoria Encabezou a lista da Candidatura Independente por Silleda nas eleccións municipais de 2003"Javier Cuíña Maceira será o candidato a alcalde de CIS" , artigo en La Voz de Galicia, 21 de abril de 2003., obtendo así catro concelleiros. Para as eleccións de 2007 a CIS aliouse co PSdeG de Silleda, obtendo entre ambas as dúas formacións 6 concelleiros de 13, con Cuíña entre eles. No 2008 abandonou a coalición xunto con Ofelia Rey Recimil e axudou a que fose adiante unha moción de censura en outubro de 2009, apoiada tamén por cinco ex-membros do PPdG local, que sacou da alcaldía a Paula Fernández Pena e colocou como nova alcaldesa a Rey"La tránsfuga Ofelia Rey gobernará Silleda con apoyo de ex populares" , artigo en El Correo Galledo, 7 de outubro de 2009..

Notas

Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Nados en Silleda Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Concelleiros de Silleda