O espinosauro (Spinosaurus, en grego "réptil espiña") é un xénero representado por dúas especies de dinosauros terópodos espinosáuridos, que viviron a mediados do Cretáceo, hai aproximadamente entre 95 e 93 millóns de anos, no Cenomaniano, no que hoxe é África. O xénero foi coñecido nun principio polos restos atopados en Exipto en 1910 e descritos polo paleontólogo alemán Ernst Stromer. Os restos orixinais foron destruídos durante os bombardeos da segunda guerra mundial, e o material adicional do cranio apareceu en anos recentes. Non está claro se os restos fósiles representan unha ou dúas especies. A especie mellor coñecida é Spinosaurus aegyptiacus de Exipto, cunha potencial segunda especie que foi recobrado en Marrocos. Tamén se atoparon restos en Alxeria, Tunisia e posiblemente de Níxer, Kenya e Libia.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Glut, D.F. "In search of Spinosaurus." In: Jurassic classics: a collection of saurian essays and Mesozoic musings, pp. 77–85. Jefferson, NC: McFarland, 2001. . Nothdurft, W.; e Smith, J. The Lost Dinosaurs of Egypt. Nova York: Random House, 2002. . A Tribute to Ernst Stromer: Hundred Years of the Discovery of Spinosaurus aegyptiacus: Saubhik Ghosh
Ligazóns externas "A Strange Dinosaur May Have Swum the Rivers of Africa". Spinosaurus profile by Kenneth Chang at NY Times, 29 de abril de 2020 Hartman, Scott. Spinosaur Comparison. SkeletalDrawing.com, 2006. Lloyd, Robin. The Biggest Carnivore: Dinosaur History Rewritten. LiveScience, 1 de marzo de 2006. Mortimer, Mickey. Spinosaurus Stromer, 1915. (List of specimens from The Theropod Database.) Natural History Museum. Dino Directory: Spinosaurus. Prendergast, John. Dinosaurs Lost and Found. The Pennsylvania Gazette, the Alumni Magazine of the University of Pennsylvania, xullo/agosto de 2001. The Top 8 Paleontology Stories of 2006: 40 New Dinosaur King Rears Its Head. Discover Magazine, 29 de decembro de 2006.
Categoría:Dinosauros Categoría:Fósiles descritos en 1915