Speed é un filme estadounidense dirixido por Jan de Bont que se estreou en 1994.

Sinopse Jack Traven (Keanu Reeves) é un intrépido policía dos Ánxeles. A supervivencia nesa cidade para un axente da lei non é unha tarefa doada, pero Jack, ademais de desfrutar de boa sorte, coñece perfectamente os trucos para sortear o perigo. Porén, terá que afrontar unha dura proba cando debe subir a un autobús urbano que leva instalada unha bomba programada para estoupar se o vehículo diminúe a súa velocidade a menos de 50 millas por hora (80 quilómetros por hora). Empeza así unha tola carreira pola cidade, con Jack intentando dar confianza á unha fermosa pasaxeira chamada Annie (Sandra Bullock) que substituíu o condutor, ferido no "secuestro".

Descóbrese que o terrorista que puxo a bomba chámase Howard Payne (Dennis Hopper), quen foi policía, e que fixo isto porque quere extorsionar á cidade por 3,7 millóns de dólares. Payne ten todas as bazas nas súas mans, xa que nin sequera o colega de Jack, Harry Temple (Jeff Daniels), que actúa a través das autoridades policiais, pode facer algo acabando mesmo morto no intento. Aínda así Traven está decidido a facer todo o posíbel para deter ao terrorista.

Personaxes Keanu Reeves como Oficial de policía Jack Traven Dennis Hopper como Howard Payne Sandra Bullock como Annie Porter Jeff Daniels como Detective Harry Temple Joe Morton como Tenente "Mac" McMahon Richard Lineback como Sarxento Norwood Alan Ruck como Doug Stephens Margaret Medina como Oficial de policía Robin Barnette Carlos Carrasco como Ortiz Hawthorne James como Sam Beth Grant como Helen Glenn Plummer como "Tuneman"

Galardóns e nomeamentos 1994: 2 Oscars: Mellor son e efectos de son. 3 nomeamentos. 1994: 2 premios BAFTA: Mellor montaxe e son. Nomeado a mellores efectos especiais.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Filmes de 1994 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 20th Century Fox Categoría:Filmes ambientados en 1994 Categoría:Filmes sobre terrorismo Categoría:Filmes sobre asasinos Categoría:Filmes de 1994 con versión en galego