Virus é un filme estadounidense dirixido por John Bruno que se estreou en 1999.

Sinopse Logo de perder a súa carga por mor dunha treboada, o remolcador "Sea Star" refúxiase no ollo do furacán para realizar reparacións. Nese intre avistan un navío científico ruso aparentemente abandonado. Tódolos problemas que aflixían á tripulación pola perda da súa carga parecen solucionarse cando o capitán lles informa dos cartos que poden conseguir polo rescate do navío. Pero cando restablecen a enerxía do barco, algúns tripulantes comezan a desaparecer misteriosamente.

Personaxes Jamie Lee Curtis como Kelly "Kit" Foster William Baldwin como Steve Baker Donald Sutherland como Capitán Robert Everton Joanna Pacuła como Nadia Vinogradova Marshall Bell como J. W. Woods Jr. Sherman Augustus como Richie Mason Cliff Curtis como Hiko Julio Oscar Mechoso como Squeaky

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie

Categoría:Filmes de 1999 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes rodados en Virxinia Categoría:Filmes rodados en Carolina do Norte Categoría:Filmes de 1999 con versión en galego