A casa de cera (en , tamén titulado Wax House, Baby) é un filme americano-australiano de terror dirixido por Jaume Collet-Serra que se estreou no 2005.

Sinopse Seis amigos que viaxan pola estrada para asistir ó partido de fútbol máis importante do ano, deciden acampar a véspera ó aire libre. Á mañá seguinte, decátanse de que o seu coche foi manipulado, así que aceptan a invitación dun condutor que os leva ata Ambrose. Ó chegar, visitan a principal atracción da cidade: a Casa de Cera de Trudy, que está inzada de esculturas de cera cuxo parecido cos modelos é abraiante. Cando descobren, arrepiados, a razón desta inquietante semellanza, comprenden que ou ben escapan da cidade ou tamén eles acabarán convertidos en estatuas do museo.

Personaxes Elisha Cuthbert como Carly Jones Chad Michael Murray como Nick Jones Brian Van Holt como Bo Sinclair / Vincent Sinclair Thomas Adamson como Bo de neno Sam Harkess como Vincent de neno Paris Hilton como Paige Edwards Jared Padalecki como Wade Dalton Jon Abrahams como Dalton Chapman Robert Ri'chard como Blake Johnson Damon Herriman como Lester Sinclair Andy Anderson como Shériff Dragitsa Debert como Trudy Sinclair Murray Smith como Dr. Victor Sinclair Emma Lung como Jennifer

Galardóns e nomeamentos 2005: Premio Razzie á peor actriz secundaria (Paris Hilton). 2 nomeamentos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2005 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Australia Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Jaume Collet-Serra Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de Village Roadshow Pictures Categoría:Filmes de Dark Castle Entertainment Categoría:Filmes ambientados en 1974 Categoría:Filmes ambientados en 2005 Categoría:Filmes rodados en Australia Categoría:Filmes de adolescentes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes sobre asasinos en serie Categoría:Filmes de 2005 con versión en galego