miniatura|Santa Marta á esquerda, Xesús na casa de María e Marta, obra de Harold Copping.

Marta é un nome propio feminino galego. Esta forma escrita é común con outras linguas románicas, xermánicas e eslvas. A súa orixe é o arameo: ܡܳܪܬܳܐ, Mârtâ; en (pronunciado Martâ); que significa "señora, patroa". É un nome moi estendido en todo occidente. En galego antigo aparecía coa grafía: Martha. É un dos nomes máis tradicionais e populares de Galiza. A padroa de multitude de parroquias galegas é Santa Marta.

En xaneiro de 2023 existían 12.070 mulleres en Galicia co nome Marta, cunha media de idade de 35,1 anos.Marta na web do Instituto Galego de Estatística.

Etimoloxía Marta de Betania era unha personaxe bíblica do Novo Testamento, irmá de Lázaro e María de Betania (Xoán 11:1-2).

Santoral A festividade de Santa Marta celébrase o día 29 de xullo.

O día 23 de febreiro celébrase a festividade de Santa Marta de Astorga.

Equivalencias noutras linguas Variantes noutras linguasAlemán MarthaAragonés MartaEDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. Castelán MartaCatalán MartaÉuscaro MartePortugués Marta ou MarthaFrancés MartheHúngaro MártaInglés MarthaItaliano MartaPolonés MartaRuso Марта

Persoeiros Galegas Marta Sánchez, Madrid, 1966 , cantante galega. Marta Larralde, Vigo, 1981 , actriz galega. Marta Dacosta, Vigo, 1966, poeta galega. Marta Ortega, A Coruña en 1983 , empresaria galega, vicepresidenta de dúas sociedades do grupo Inditex. Marta Álvarez Montes, A Coruña, 1943, política galega do PPdeG. Marta Darriba, xornalista galega. Marta Bobo, Ourense, 1966, foi unha ximnasta galega. Marta González Vázquez, Santiago de Compostela, 1965 , historiadora e política galega do PPdeG . Marta Míguez, Cortegada, 1973, atleta galega. Marta Fernández Currás, Vigo, 1963, política galega do PPdG . Marta Neira, filóloga e ensaísta galega . Marta Rivera de la Cruz, Lugo, 1970, escritora galega en lingua castelá.

Doutras nacionalidades Marta Mata, Barcelona, 1926, foi unha política e pedagoga catalá. Marta Hazas, Santander, 1977, actriz española. Marta Etura, San Sebastián, actriz vasca. Marta de Suecia, Princesa de Suecia e Noruega. Marta Brunet, escritora chilena. Marta Canessa, ex-primeira dama do Uruguai. Marta Larraechea, política chilena. Marta Sahagún, ex-primeira dama de México.

Martha e Marthe Martha Hildebrandt, política peruana. Martha Hackett, actriz estadounidense. Martha Scott, actriz estadounidense. Martha Alter, compositora estadounidense. Marta Casals Istomin, música portoriqueña. Martha Mödl, soprano alemá. Martha Wainwright, cantante canadense. Martha Gellhorn, escritora estadounidense. Martha Stewart, empresaria estadounidense. Marthe Bibesco, escritora romanesa-francesa. Marthe Keller, actriz suíza.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Lista de nomes femininos en galego Lista de nomes femininos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes femininos Real Academia Galega

Categoría:Nomes femininos de orixe hebrea Categoría:Nomes femininos galegos Categoría:Nomes femininos alemáns Categoría:Nomes femininos aragoneses Categoría:Nomes femininos búlgaros Categoría:Nomes femininos casteláns Categoría:Nomes femininos cataláns Categoría:Nomes femininos checos Categoría:Nomes femininos croatas Categoría:Nomes femininos eslovacos Categoría:Nomes femininos eslovenos Categoría:Nomes femininos estonianos Categoría:Nomes femininos húngaros Categoría:Nomes femininos ingleses Categoría:Nomes femininos italianos Categoría:Nomes femininos macedonios Categoría:Nomes femininos neerlandeses Categoría:Nomes femininos polacos Categoría:Nomes femininos portugueses Categoría:Nomes femininos romaneses Categoría:Nomes femininos rusos Categoría:Nomes femininos serbios