Alfredo Pío Ramos López, nado en Camporrapado (Silleda) en 1898 e finado na vila de Silleda o 18 de xullo de 1960, foi un médico galego.
Traxectoria Licenciouse en Medicina e Cirurxía na Universidade de Santiago de Compostela en 1925. En Madrid realizou estudos de Odontoloxía e especializouse en Obstetricia e Xinecoloxía. Foi concelleiro de Silleda durante a Segunda República. Obtivo a praza de Medicina xeral en Silleda, onde foi coñecido por exercer a súa profesión desinteresadamente, acudindo polas parroquias a pesar das malas comunicacións e escasos medios da época.
Homenaxe Trala súa morte, o pobo de Silleda levantoulle un busto da súa persoa en recoñecemento dos seus méritos como médico,Información da parroquia de Silleda na web municipal . coa inscrición "".
Vida persoal Casou en 1942 coa mestra Mª Luisa Regina Mosquera Martínez, irmá de Fernando Mosquera Martínez, alcalde de Silleda entre 1967 e 1971.
Notas
Categoría:Médicos de Silleda Categoría:Concelleiros de Silleda Categoría:Nados en Silleda Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en 1960 Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República