thumb|261px|right|Mass cun Ford Capri Turbo en Nürburgring en 1980 Richard Jochen Mass, nado en Dorfen (Baviera) o 30 de setembro de 1946 e finado en Cannes o 4 de maio de 2025, foi un piloto de carreiras de Alemaña. Participou en 114 grandes premios do Campionato Mundial de Fórmula 1, debutou o 14 de xullo de 1973, no Gran Premio do Reino Unido. Gañou unha carreira o (Gran Premio de España de 1975), non logrou ningunha pole position, logrou 8 podios, e anotou un total de 71 puntos no campionato. Tamén obtivo 32 vitorias no Campionato Mundial de Resistencia, destacando as 24 Horas de Le Mans de 1989 e as 12 Horas de Sebring de 1987, e foi subcampión en 1984, 1985, 1989 e 1990.
Andaina
Mass é quizais máis coñecido pola súa parte de culpa na morte de Gilles Villeneuve. O 8 de maio de 1982, a só 10 minutos para o final da sesión de clasificación para o Gran Premio de Bélxica de 1982 en Zolder, Villeneuve chocou con Mass ao intentar adiantarlle. Os dous entraron á par nunha curva super rápida a esquerda, (Mass diante, detrás Villeneuve) Jochen arrimouse á parte dereita da pista para que Villeneuve pasara. Villeneuve intentaba pasar tamén pola dereita, e os dous coches tocáronse cas rodas, o canadense saíu voando. O coche de Villeneuve caeu ao chan violentamente de morro. O seu asento desprendeuse e botouno do coche, caendo pesadamente entre as barreiras no lado oposto da pista. Mortalmente ferido, a Villeneuve retiráronlle o soporte vital esa noite.
Logo de abandonar a Fórmula Un, Mass tivo un grande éxito nas carreiras, gañando fama internacional coa súa actuación nos campionatos de turismos e resistencia na década de 1980.
En 1972, con Hans-Joachim Stuck pilotando un Ford Capri RS2600 gañaron as 24 Horas de Spa a carreira de resistencia de Bélxica. Ese ano gañou o Campionato Europeo de Turismos.
Mass obtivo o segundo lugar tras Jean-Pierre Jarier nunha carreira de Fórmula Dúas en Nivelles, en xuño de 1973. Terminou segundo na primeira manga e terceiro na segunda.Jarier Wins Easily, The Washington Post, June 11, 1973, Page D3. Mass terminou a súa primeira carreira de Fórmula Un no Gran Premio de Alemaña de 1973 en Nürburgring, chegou en sétimo lugar nun Surtees.Stewart Captures Prix, The Washington Post, August 6, 1973, Page D6. E logrou unha terceira posición cun McLaren-Ford no Gran Premio do Brasil de 1975 en Interlagos.Pace Victor in Prix As 150,000 Cheer, The Washington Post, January 27, 1975, page D7.
Mass gañou o Gran Premio de España de 1975 despois de que o coche do líder, Rolf Stommelen batera contra unha barreira de protección, estalara en chamas, e catapultarase sobre a multitude no Circuíto de Montjuïc. Catro espectadores resultaron mortos e doce feridos. Stommelen sufriu múltiples fracturas e quedou en estado crítico despois do accidente. Mass foi declarado o gañador no seu Texaco McLaren-Ford, cando a carreira foi detida inmediatamente despois do accidente.4 Die, 12 Injured As Race Car Hits Barcelona Crowd, Washington Post, April 28, 1975, page D2.
Mass deixou de competir con coches de Fórmula Un logo dun accidente con Mauro Baldi no Gran Premio de Francia de 1982 en Paul Ricard. O seu March e o Arrows de Baldi tocáronse a máxima velocidade no final da longa recta de Mistral entrando na curva de Signes, os dous coches voaron fóra da pista a través dunha barreira de contención, golpeando unha barreira de protección de pneumáticos, os obstáculos encontrados conseguiran frear o impulso do coche, que saíu da pista a unha velocidade de 275 km/h aproximadamente, finalmente foi a parar ao revés e no lume, nunha área de espectadores. Sorprendentemente escapouse soamente con queimaduras leves, e Baldi resultou ileso."Germany's Mass Takes Look At Long Career", European Stars And Stripes, Thursday, May 2, 1985, Page 13.
Entre as súas moitas vitorias, en 1985 gañou a carreira dos 1.000 km. no Circuíto de Mugello en Italia pilotando un Porsche 962C e en 1987 formando equipo con Bobby Rahal alzouse coa vitoria na carreira das 12 Horas de Sebring de 1987. Mass e Bobby Rahal combináronse para gañar a Champion Spark Plug Grand Prix no Mid-Ohio Sports Car Course, en Lexington, Ohio."Auto Racing", New York Times, June 8, 1987, Page C9. Mass gañou a máis prestixiosa carreira de resistencia, as 24 Horas de Le Mans en 1989 pilotando un Sauber Mercedes C9. Foi o segundo triunfo de Mercedes-Benz en Le Mans, a súa vitoria anterior fora en 1952.
Jochen Mass pilota agora os coches históricos do museo Mercedes-Benz. No 2004 participou na Mille Miglia, co Mercedes-Benz 300 SLR orixinal que Stirling Moss levara á vitoria na carreira de 1955. Para recadar diñeiro para a caridade, o asento do pasaxeiro ao seu lado foi poxado ao mellor ofertante.
De 1994 a 1998, retransmitiu tamén as carreiras de Fórmula Un para a cadea alemá RTL .
Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 Pos. Puntos Team Surtees Surtees TS14A Cosworth V8 ARX BRA RSA ESP BEL MON SWE FRA RU Ret NED ALE 7 AUT ITA CAN USA Ret NC 0 Team Surtees Surtees TS16 Cosworth V8 ARX Ret BRA 17 RSA Ret ESP Ret BEL Ret MON NTS SWE Ret NED Ret FRA Ret RU 14 ALE Ret NC 0 Yardley McLaren McLaren M23 AUT ITA CAN 16 USA 7 Marlboro Team Texaco McLaren M23 Cosworth V8 ARX 14 BRA 3 RSA 6 ESP 1‡fóronlle adxudicados a metade dos puntos ao non cubrir o 75% da distancia de carreira. MON 6 BEL Ret SWE Ret NED Ret FRA 3 RU 7 ALE Ret AUT 4‡ ITA Ret USA 3 8º 20 Marlboro Team McLaren McLaren M23 Cosworth V8 BRA 6 RSA 3 USW 5 ESP Ret BEL 6 MON 5 SWE 11 FRA 15 RU Ret ALE 3 AUT 7 ITA Ret CAN 5 USA 4 XPN Ret 9º 19 McLaren M26 NED 9] Marlboro Team McLaren McLaren M23 Cosworth V8 ARX Ret BRA Ret RSA 5 USW Ret ESP 4 MON 4 BEL Ret SWE 2 FRA 9 6º 25 McLaren M26 RU 4 ALE Ret AUT 6 NED Ret ITA 4 USA Ret CAN 3 XPN Ret ATS Racing ATS HS1 Cosworth V8 ARX 11 BRA 7 RSA Ret USW Ret MON NSC BEL 11 ESP 9 SWE 13 FRA 13 RU NC ALE Ret AUT NSC NED NSC ITA USA CAN NC 0 Warsteiner Arrows Arrows A1 Cosworth V8 ARX 8 BRA 7 RSA 12 USW 9 ESP 8 BEL Ret MON 6 18º 3 Arrows A2 FRA 15 RU Ret ALE 6 AUT Ret NED 6 ITA Ret CAN NSC USA NSC Warsteiner Arrows Arrows A3 Cosworth V8 ARXRet BRA10 RSA6 USW7 BELRet MON4 FRA10 RU13 ALE8 AUTNSC NEDNTS ITA CAN11 USARet 17º 4 March Grand Prix March 821 Cosworth V8 RSA 12 BRA8 USW8 SMR BELRet MONNSC DET7 CAN11 NEDRet RU10 FRARet ALE AUT SUI ITA CPL NC 0
Resultados completos en carreiras non de campionato de Fórmula 1 (chave) (carreiras en italica indican volta rápida) Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 1974 Team Surtees Surtees TS16 Cosworth V8 PRE4 ROCNTS INT2 1975 Marlboro Team Texaco McLaren M23 Cosworth V8 ROCRet INT SUI3 1978 ATS Racing ATS HS1 Cosworth V8 INTDNA 1979 Warsteiner Arrows Arrows A1 Cosworth V8 ROC4 DIN 1980 Warsteiner Arrows Arrows A3 Cosworth V8 ESP2
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial de Jochen Mass Datos estatísticos da carreira na F1 de Jochen Mass Os éxitos de Jochen Mass con Ford
Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Alemaña Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de McLaren Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Arrows Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Surtees Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de ATS Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de March Categoría:Pilotos das 24 Horas de Le Mans Categoría:Pilotos campións de Europa de Fórmula 2 Categoría:Finados en 2025