San Cristovo de Abanqueiro é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Boiro na comarca do Barbanza. Segundo o IGE en 2011 tiña 1745 habitantes (888 mulleres e 857 homes), 132 menos ca en 1999. Ten 11 entidades de poboación.
En 1845 tiña uns 764 habitantes.
Etimoloxía A etimoloxía do topónimo Abanqueiro non se debe á existencia dunha fervenza. Existe a hipótese de que deriva de "banco de ostras" debido á abundancia deste marisco no litoral abanqueirés. Debido á recolección masiva xa apenas quedan ostras na zona.
Xeografía Fundamentalmente rodeada de mar destacan as praias de Quintáns, Portomouro, A Fontenla, Ladeira, Retorta e Mañóns, esta última recoñecida coa Bandeira Azul.
Economía O marisqueo é unha das súas máis importantes fontes de ingreso. A empresa conserveira Rianxeira ten a súa orixe nesta parroquia.
Patrimonio No adro da románica igrexa de San Cristovo de Abanqueiro atopáronse restos dun baldaquino en pedra coas figuras da Virxe, un anxo e San Xoán apóstolo.
Abanqueiro na literatura popular Quérenme as nenas de eiquí/ e as da banda de Leiro./ Se me collen en Rianxo/ bérraranme en Abanqueiro.Exemplo da confrontación entre parroquias lindeiras: Leiro (de Rianxo) e Abanqueiro (de Boiro). Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 162..
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Abanqueiro
Parroquias de Boiro
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lugares de Boiro Abanqueiro S.D.
Categoría:Parroquias de Boiro Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Cristovo