San Vicenzo de Cespón é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Boiro, na comarca da Barbanza. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 1.941 habitantes (937 homes e 1.004 mulleres), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.187 habitantes.
Patrimonio Dentro da parroquia de Cespón cómpre destacar: A igrexa románica de San Vicenzo de Cespón, da segunda metade do século XII e reconstruída en 1690, con posteriores ampliacións. O Calvario de San Roque. Os castros, Grande e Pequeno, de Punta Neixón. O petróglifo da Cabra do Cubeliño e do Monte Ferreiro. O Centro Arqueolóxico do Barbanza, na Punta Neixón. O pazo de Sandrenzo, con capela dedicada a Sebastián, mártir.
Cespón na literatura popular Aldeíña de Ferreiros,/ aldea que me namora/ aínda mas ha de pagar/ quen dela me bote fóra Fermín Bouza Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 201. No texto: m-as, de ela. Ferreiros é aldea da parroquia de Cespón (Boiro).. Para zapateiros, Noia,/ para pescadas, o Son,/ para mozos ¡viva Boiro!/ para borrachos, Cespón Fermín Bouza-Brey: “Cantigas populares da Arousa”, en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 172. No texto: Noya, Són..
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Cespón
Parroquias de Boiro
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Boiro Romaría de Neixón
Categoría:Parroquias de Boiro Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Vicenzo