Santaia de Codeso é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés de Boqueixón, na comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 353 habitantes (175 homes e 178 mulleres), 31 máis ca en 1999. Ten dez entidades de poboación.
Toponimia
O topónimo Codeso é un fitotopónimo e fai referencia ao codeso, un tipo de arbusto. Historia
Nesta parroquia naceu e foi soterrado o político Xosé Antón Orza (1941–2012).
Lugares e parroquias Lugares de Codeso
Parroquias de Boqueixón
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Boqueixón
Categoría:Parroquias de Boqueixón Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santaia Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía