Santa María de Lestedo é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Boqueixón, na comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 955 habitantes (475 homes e 480 mulleres) distribuídos en 11 entidades de poboación.
Patrimonio Igrexa de Santa María de Lestedo, construída no século XX. Ten nave de planta de cruz latina. As ventás adquiren forma de arco apuntado. Campanario cadrado, de dous corpos rematado por unha cúpula. No seu interior hai unha cruz do primeiro terzo do século XVIII, obra de Domingo González. Santuario da Nosa Señora de Lourdes, nave de planta rectangular, espadana de dobre corpo coroada por un remate triangular con pináculos laterais.
Festas Nesta parroquia celébrase a festa da filloa de Lestedo.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Lestedo
Parroquias de Boqueixón
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Boqueixón
Categoría:Parroquias de Boqueixón Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María Categoría:Localidades do Camiño da Vía da Prata