San Miguel de Boullón é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés de Brión na comarca de Santiago. Segundo o IGE en 2018 tiña 195 habitantes (97 mulleres e 98 homes) distribuídos en 21 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 207 habitantes.

Historia O arcebispo Diego Xelmírez rescatou esta parroquia do poder duns cabaleiros e unha vez liberada mandou construír alí (no lugar chamado Paradela, ao pé do camiño de Santiago a Noia) pazos e casas para poder hospedarse.

No século XVII, en tempos do poeta Martiño Torrado de Figuera, foi anexo da veciña parroquia de Urdilde.

Patrimonio Castro de Tembra (nos Altos da Faboira). Igrexa de San Miguel de Boullón (século XVII). Petróglifo de Cota Cornido. Cruceiros da Igrexa, de Tallo, de Anguieiro (barroco, inda que mutilado) e de Tembra (peza única no concello de Brión). Hórreo de Tembra. Conxunto arquitectónico, urbanístico e etnográfico de Tembra.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Boullón

Parroquias de Brión

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Brión

Ligazóns externas Boullón na web do concello de Brión Información da parroquia na web do Hotel Rosalía.

Categoría:Parroquias de Brión Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Miguel