Santa María de Ons é unha parroquia que se localiza no noroeste do concello de Brión. Segundo o IGE en 2018 tiña 210 habitantes (113 mulleres e 97 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución continuada en relación aos anos 2004, cando tiña 308 habitantes, e 1999, con 348.

Historia Por esta parroquia debeu pasar a vía romana denominada no itinerario de Antonino per loca maritima de Bracara a Brigantium (actual A Coruña). Segundo a tradición xacobea aquí ocorreu un dos primeiros milagres do Apóstolo Santiago, cando ao fuxir os seus discípulos Teodoro e Atanasio de Regulo, que os perseguía co seu exército, fixo que a ponte sobre o río Tambre se derrubara, morrendo todos os soldados. Parece ser que esta ponte era a Ponte Pías de Ons.Páxina web do concello de Brión.

Pero a mesma lenda localízase tamén en Negreira, concretamente na Ponte Maceira, desde 1866, e así figura reflictida no escudo municipal.Guía turística do concello de Negreira , 2009, px. 29.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Ons

Parroquias de Brión

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Brión

Ligazóns externas Ons na web do concello de Brión

Categoría:Parroquias de Brión Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María