Santa María de Viceso é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Brión na comarca de Santiago. Segundo o IGE en 2021 tiña 285 habitantes (151 mulleres e 134 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 457 habitantes.

Patrimonio Castro de Forxán. Ben conservado, ten forma ovalada cun parapeto duns cinco metros de alto rodeándoo. Castro de Pousada. Igrexa de Viceso. Cruceiro da Goriña (1637), en Pousada. Cruceiro da Portuguesa, en Pousada. Cruceiro da Paisa, en Pousada. Cruceiro de Vilar. Cruceiro de Cantelar, en Mourentáns. A Cruz Mona, en Esparís. Cruceiro do Camposanto, na Igrexa. Cruceiro de Forxán. Mámoa do Foxo.

Lugares e parroquias Lugares de Viceso

Parroquias de Brión

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Brión

Ligazóns externas Viceso na web do concello de Brión

Categoría:Parroquias de Brión Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María