San Xoán de Borneiro é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Segundo o Instituto Nacional de Estadística no 2018 tiña 332 habitantes (163 homes e 169 mulleres), 138 menos que no padrón municipal de 2004 cando tiña 470 habitantes (242 homes e 228 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación. En 1999 tiña 514 habitantes.
Xeografía Borneiro é atravesado polo rego dos Muíños, que desemboca no río Anllóns na parroquia de Canduas sendo antigamente aproveitado o seu curso por numerosos muíños que lle deron o nome, e dos que hoxe en día aínda se conservan algúns e restos doutros.
Patrimonio Na parroquia sitúase o dolmen de Dombate (monumento megalítico) e o castro de Borneiro (poboado castrexo).
A capela das Virtudes e do Carme, é un templo do século XVI. Atópase no lugar de Briño, nunha carballeira centenaria.
O cruceiro da carballeira de Briño, a carón da capela anteriormente mencionada, está datado como un dos cruceiros galegos máis antigos, sendo construído segundo a inscrición en 1622. No pedestal ten a inscrición Se retocó, trasladó y pintó siendo cura párroco Francisco Lema Martínez natural de esta parroquia. Año 1899, o que testemuña o costume de mover e policromar os cruceiros.
Festas Nesta parroquia celebrase a romaría do Carme do Briño o 18 de xullo e os 24 de xuño réndeselle honor ao santo patrón que é Xoán Bautista.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Borneiro
Parroquias de Cabana de Bergantiños
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lugares de Cabana de Bergantiños
Categoría:Parroquias de Cabana de Bergantiños Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xoán