Jacobo Barral Otero, nado no Grove en 1906 e finado en Vigo o 15 de decembro de 1996, foi un mestre e político galego.

Traxectoria

Sobriño de Jacobo Otero Goday. Na Segunda República foi correspondente de El Pueblo Gallego no Grove e presidente do grupo local do Grove do Partido Galeguista. Logo da dimisión da anterior Corporación, foi nomeado xestor e elixido alcalde do Grove a finais de xuño de 1936.El Pueblo Gallego, 26-6-1936, p. 13. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Pontevedra en consello de guerra o 17 de novembro con Ángel Cadavid Caamaño, Jacobo Otero Goday, Miguel Mandiás Merino, José Prol Figueiro e Manuel Puente Iglesias,Diario de Pontevedra, 18-11-1936, p. 2.El Pueblo Gallego, 18-11-1936, p. 7. acusados de rebelión militar, foi condenado a pena de morte. A sentenza foi conmutada por cadea perpetua. Estivo preso en San Simón e foi trasladado ao Forte de San Cristovo (Pamplona) o 8 de febreiro de 1937. O 16 de febreiro de 1939 trasladárono á prisión de Figueirido (Vilaboa), de onde saíu en liberdade condicional o 10 de agosto de 1940.

A amizade con algunhas familias da burguesía viguesa permitiulle saír adiante durante o franquismo. Estableceuse na provincia da Coruña onde casou. Coa democracia encadrouse no Partido Galeguista e foi candidato do PNG-PG ás eleccións europeas de 1989. Finou en Vigo o 15 de decembro de 1996.La Voz de Galicia, 17-12-1996, p. 40.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Xacobe Barral, alcalde bo e xeneroso La saga de la casa de Lordelo

Ficha en Memoria da Coruña

Categoría:Alcaldes do Grove Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Alcaldes de Galicia do Partido Galeguista Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados no Grove Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1996