Pachycephalosaurus (gr. "réptil de cabeza grosa") é un xénero representado por unha única especie de dinosauro marginocéfalo paquicefalosáurido, que viviu a finais do período Cretáceo, fai aproximadamente 68 e 65 millóns de anos, no Mastrichtiano, no que hoxe é Norteamérica. Os seus restos foron atopados en Montana, Dakota do Sur e Wyoming. Foi un animal herbívoro ou omnívoro que se coñece soamente dun só cranio e dalgunhas pezas da cúpula deste extremadamente grosas.

Categoría:Dinosauros Categoría:Fósiles descritos en 1943