Parasaurolophus (do gr. para/παρα "xunto" ou "preto", saurus/σαυρος "lagarto" e lophos/λοφος "crista" significa "Próximo ao lagarto cristado") é un xénero de dinosauros ornitópodos hadrosáuridos, que viviron a finais do período Cretáceo, fai aproximadamente 83 e 71 millóns de anos, no Campaniano, no que hoxe é Norteamérica. Foi un herbívoro que camiñaba tanto de xeito bípede como cuadrúpede. Parasaurolophus é un hadrosáurido, parte da diversa familia de dinosauros cretáceos coñecidos pola variedade de estraños adornos na cabeza. Este xénero en coñecido polo seu gran e elaborada crista cranial, coa forma dun tubo que se proxecta cara a atrás e arriba do cranio.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Dinosauros Categoría:Fósiles descritos en 1922