A andoa anelada ou andoa amarelaNomes vulgares galegos en Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C) A Coruña, Deputación da Coruña, 2000 (Boletus luteus) é unha especie de boleto comestíbel da familia Boletaceae. A especie foi orixinalmente descrita en 1774 por Jacob Christian Schäffer. Ás veces aparece co nome científico de Suillus luteus.
É un cogomelo moi común en toda Europa, tamén en Galiza. Non ten preferencia por ningún tipo de solo, mais medra baixo os piñeiros especialmente. O corpo frutífero abrolla dende o verán até o outono, tendo o seu apoxeo entre outubro e novembro en GalizaNa web da Agrupación Micolóxica de Galiza- http://www.azarrota.org/index.php?option=com_content&task=view&id=62&Itemid=74 . É un cogomelo comestíbel, aínda que a cutícula viscosa do chapeu pode ter fortes efectos laxantes en determinadas persoas, polo que cómpre tirala. O epíteto específico "luteus" significa "amarelo". Todas as especies do xénero Suillus son micorrizas de coníferas.
Morfoloxía O chapeu é de cor marrón e de forma convexa, cun diámetro entre 4 e 10 centímetros, podendo acadar até 12 centímetros de largura. A cutícula tírase de xeito doado, é viscosa e o seu bordo é enrolado, podendo presentar restos do veo. Os tubos son de cor amarela pálida e cando o exemplar é novo atópanse cubertos polo anel. Os poros son pequenos e angulosos, amarelos en fases iniciais e apardazados conforme o cogomelo vai envellecendo. En exemplares novos, poden segregar algunhas pingas leitosas, mais non en tanta cantidade coma no S. granulatus. O pé mide entre 3 e 8 centímetros de longo por entre 1 e 2,5 centímetros de largo, é rexo e abrancazado, cilíndrico e presenta un anel largo e membranoso. A esporada é de cor parda. A carne é branca amarelenta, de cheiro afroitado e sabor moi pouco marcado.
Posibilidades de confusión Os cogomelos maduros pódense confundir cos de Suillus granulatus, tamén comestíbel.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Boletus (xénero) Ligazóns externas
Bibliografía Asociación Micológica Zamorana, 2005: Setas y Rutas Micológicas en Sanabria, Carballeda y los Valles. Ed. ADISAC LA VOZ. Shelley Evans, Geoffrey Kibby, 2004: Guías de bolsillo. Hongos. Ed. Omega. ISBN 84-282-1089-6.
Categoría:Boletus Categoría:Suillaceae Categoría:Fungos de Galicia Categoría:Fungos comestibles Categoría:Taxons descritos por Linné