Este artigo trata sobre unha especie de fungo, para a planta "Plantago major", véxase o artigo: Chantaxe maior.
A lingua de vacaNome vulgar galego en Glosario de Cogomelos de Galicia - http://www.gastronomiagalega.com/glosario_cogomelos_galicia ou lingua de ovella (Hydnum repandum ) é un cogomelo comestíbel de sabor agre e picante, características que se agudizan na súa madurez. Medra en fragas e bosques mixtos ou de solo acedo, coma os galegos. É común en Galiza. Non é tóxico.
Os nomes vernáculos nas diferentes linguas europeas coinciden co galego, facendo referencia á lingua de diferentes animais: en castelán: lengua de gato, en catalán: llengua de bou; en éuscaro: Tripaki argi; en inglés: sweet tooth; en francés: langue de chat.
Descrición esquerda|220px|miniatura|Exemplar de lingua de vaca Fungo de chapeu duro, carnoso, de 60 a 140 mm de diámetro, irregular, convexo de novo, chato na madurez, ás veces deprimido, ondulado e lobulado. Ten aspecto crocado, seco e mate. Os exemplares novos son de cor crema-abrancazada, collendo despois unha cor crema amarelenta a ocre pálida e finalmente na madurez unha cor parda arroibada-alaranxada. É de carne mesta, branca, pardo-arroibada coa idade, posúe un cheiro fúnxico e sabor amargo. As esporas son ovoides de 7.9 x 5.7 mm. Son lisas e de cor crema en masa.
Hábitat e fenoloxía Medra a finais do verán e polo outono (o apoxeo en Galiza dáse nos meses de novembro e decembroAgrupación Micolóxica de Galicia - http://www.azarrota.org/index.php?option=com_content&task=view&id=62&Itemid=74 ); en bosques de coníferas e frondosas, preferentemente de solos acedos ou mixtos.
Usos Este cogomelo é comestíbel cando é novo, mais pode resultar amargo dependendo da tempada de colla. Cómpre cociñalo ben, tirando a auga de cocedura para que sexa menos agre e mellorar a dixestión. Adóitanse servir con aceite e vinagre. Poden conxelarse.
Notas
Véxase tamén Bibliografía F. Calong, (2009) Guía de bolsillo para el buscador de setas Pág:72 H. DES ABBAYES, M. CHADEFAUD, J. FELDMANN, Y. DE FERRE ,H. GAUSSEN, P. –P. GRASSE, A. R. PRÉVOT, (1989)Botánica: vegetales inferiores, Volumen 1 http://macrodomo.blogspot.com/2008/01/hydnum-repandum-lengua-de-gato-hedgehog.html http://www.botanical-online.com/setas/hydnum_repandum.htm http://setas.org/setas-2/comestibles/hydnum-repandum-gamuza-lengua-de-gato/
Categoría:Cantharellales Categoría:Fungos comestibles Categoría:Fungos de Galicia Categoría:Fungos descritos en 1753 Categoría:Taxons descritos por Linné