Ernest Frederick McIntyre Bickel, nado en Racine (Wisconsin) o 31 de agosto de 1897 e finado nos Ánxeles o 14 de abril de 1975, foi un actor de cinema e teatro estadounidense.

Traxectoria Inicialmente traballou na banca, pero logo dunha apendicectomía de urxencia decidiu avaliar a súa vida e comezou a facer de extra en 1920, utilizando unha abreviación do apelido de súa nai (Marcher). A finais da década conseguiu un contrato con Paramount Pictures.

Tras unha candidatura en 1930, gañou o seu primeiro oscar ao mellor actor en 1932 por Dr. Jekyll and Mr. Hyde, compartido con Wallace Beery. Durante toda a década seguiu facendo actuacións en filmes considerados hoxe clásicos, como Anna Karenina, con Greta Garbo, ou Naceu unha estrela.

En 1937 volve a Broadway tras dez anos de ausencia, con grande éxito, que o levará a gañar dous Tonys na súa carreira teatral.

En 1946 gaña o seu segundo oscar, por Os mellores anos da nosa vida, drama sobre a volta á vida civil dos combatentes na segunda guerra mundial, dirixido por William Wyler.

Tamén traballou na televisión e fixo gravacións faladas de libros.

Retirouse en 1973 por motivos de saúde, morrendo de cancro catro anos despois.

Filmografía Ano Filme1929The Dummy The Wild Party The Studio Murder Mystery Paris Bound Jealousy Footlights and Fools The Marriage Playground 1930Sarah and Son Paramount on Parade Ladies Love Brutes True to the Navy ManslaughterLaughter The Royal Family of Broadway 1931Honor Among Lovers Night Angel My Sin Dr. Jekyll and Mr. Hyde 1932Strangers in Love Merrily We Go to Hell Smilin' Through The Sign of the Cross1933Tonight Is Ours The Eagle and the Hawk Design for Living 1934All of Me Death Takes a Holiday Good Dame The Affairs of Cellini The Barretts of Wimpole Street We Live Again1935Les Misérables Anna Karenina The Dark Angel 1936Camiño da gloria Mary of Scotland Anthony Adverse 1937Naceu unha estrelaNothing Sacred 1938The Buccaneer There Goes My HeartTrade Winds 1940Susan and GodVictory1941So Ends Our NightOne Foot in HeavenBedtime Story1942I Married a Witch1944The Adventures of Mark Twain Tomorrow, the World!1946Os mellores anos da nosa vida1948Another Part of the Forest An Act of Murder 1949Christopher Columbus 1951It's a Big CountryDeath of a Salesman1953Man on a Tightrope The Bridges at Toko-Ri 1954Executive Suite Os mellores anos da nosa vidaShower of Stars1955The Desperate Hours 1956Alexander the GreatThe Man in the Gray Flannel Suit Producers' Showcase1959Middle of the Night 1960Inherit the Wind1961The Young Doctors 1962The Condemned of Altona1964Seven Days in May1967Hombre 1970…tick…tick…tick… 1973The Iceman Cometh

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de Wisconsin Categoría:Nados en Wisconsin Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1975 Categoría:Óscar ó mellor actor