A Cachorreira é un lugar da parroquia de Lañas, no concello coruñés da Baña e na comarca da Barcala. Está situado no medio de cinco aldeas: Lañas, Meimendre, Prousor, Mundrís e O Castro. Está formado por apenas dúas casas de recente construción, polo que nunca foi considerada unha aldea entre os veciños da zona.
A uns 100 metros deste lugar está o Pavillón de Lañas, construído na década do 2000.
Lugares e parroquias Lugares de Lañas
Parroquias da Baña
Categoría:Lugares da Baña