Santo Ansur (tamén chamado Aduri, Asuri ou Isauri), finado no ano 925 foi bispo de Ourense entre o ano 915 e o 922. A súa festa litúrxica é o 26 de xaneiro.

Traxectoria En agosto do ano 922 renunciou ao cargo e marchou como monxe ao mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, que axudou a fundar. Así fixeron outros oito bispos da época: Bimarasio de Ourense; Gonzalo Osorio e Froalengo de Coímbra; Servando, Viliulfo e Paio, de Iria; e mais Afonso e Pedro de Astorga. Todos finaron nese mosteiro, onde son venerados como os "Bispos santos". Foi amigo de san Rosendo.

Ansur foi sepultado no claustro do mosteiro, mais no século XV movéronse os restos mortais de todos eles ao retablo da igrexa do mosteiro. Hai constancia do seu culto dende o século XIII.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Enrique Flórez. España sagrada: theatro geographico-histórico .... "S. Ansurio", vol. 17, p. 65-66. Joaquín L. Villanueva. Año christiano de España (Madrid: Imprenta Real, 1794). "San Ansurio, obispo de Orense". Tomo XI, p. 390-392.

Categoría:Bispos entre 451 e 1054 Categoría:Bispos da diocese de Ourense Categoría:Finados en 925 Categoría:Santos de Galicia