O termo Guadalupe (do topónimo árabe Wadi al-lub ‘río agochado’ ou ‘río do lobo’) pode referirse a:

Guadalupe, nome de muller.

Como topónimo, pode referirse a:

En Galiza Guadalupe, lugar da parroquia de Sancovade, no concello de Vilalba.

Fóra de Galiza

En Estremadura Guadalupe, concello da provincia de Cáceres: Mosteiro de Guadalupe, en dito concello. Río Guadalupe, río de Estremadura.

En Colombia Guadalupe, municipio do departamento de Antioquia; Guadalupe, municipio do departamento do Huila; Guadalupe, municipio do departamento de Santander.

En Costa Rica Guadalupe, cidade que forma parte do núcleo de San José.

Nos Estados Unidos de América Guadalupe, municipio do condado de Maricopa, en Arizona; Guadalupe, municipio do condado de Santa Bárbara en California.

En Francia Guadalupe, territorio de ultramar e rexión ultraperiférica da Unión Europea situado nas Antillas.

No Perú Distrito de Guadalupe, na provincia de Pacasmayo, rexión La Libertad: Guadalupe, capital de dito distrito.

No Salvador Guadalupe, municipio do departamento de San Vicente.