Olivia Mary de Havilland, nada en Tokyo o 1 de xullo de 1916 e finada en París o 26 de xullo de 2020, foi unha actriz de cinema británica, nacionalizada estadounidense.

Traxectoria Naceu en Tokyo de pais británicos, pois o seu pai foi profesor de inglés nesa cidade. Súa nai, actriz de teatro, deixou a interpretación ao marchar ao Xapón, pero volvería ao teatro tralo éxito das súas fillas. A familia instalouse logo en California, pero o pai abandonounos e volveu ao Xapón.

Tras actuar en varias obras teatrais, debutou no cinema con A Midsummer Night’s Dream, con boas críticas, o que a levou ao papel protagonista de Capitán Blood, co entón descoñecido Errol Flynn. O éxito da parella levounos a facer outras sete películas xuntos.

Nos seguintes anos tivo grandes éxitos, coma Foise co vento, ou os dous filmes cos que gañou o Óscar á mellor actriz, To Each His Own e The Heiress.

Desde os anos cincuenta os seus traballos foron máis esporádicos.

Á súa irmá máis nova era a actriz Joan Fontaine, tamén gañadora do Óscar.

Filmografía Ano Filme 1935 Alibi Ike 1935 The Irish in Us 1935 A Midsummer Night’s Dream 1935 Capitán Blood 1936 Anthony Adverse 1936 A carga da brigada lixeira 1937 Call It a Day 1937 It’s Love I’m After 1937 The Great Garrick 1938 Gold Is Where You Find It 1938 As aventuras de Robin Hood 1938 Four’s a Crowd 1938 Hard to Get 1939 Wings of the Navy 1939 Dodge City 1939 The Private Lives of Elizabeth and Essex 1939 Foise co vento 1939 Raffles 1940 My Love Came Back 1940 O camiño de Santa Fe 1941 The Strawberry Blonde 1941 Hold Back the Dawn 1941 Morreron coas botas postas 1942 The Male Animal 1942 In This Our Life 1943 Thank Your Lucky Stars 1943 Princess O'Rourke 1944 Government Girl 1946 To Each His Own 1946 Devotion 1946 The Well-Groomed Bride 1946 A través do espello 1948 The Snake Pit 1949 The Heiress 1952 My Cousin Rachel 1955 That Lady 1955 Not as a Stranger 1956 The Ambassador's Daughter 1958 O rebelde orgulloso 1959 Libel 1962 The Light in the Piazza 1964 Lady in a Cage 1964 Hush… Hush, Sweet Charlotte 1970 The Adventurers 1972 Pope Joan 1977 Airport '77 1978 O enxame 1979 The Fifth Musketeer

Véxase tamén

Categoría:Actores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Tokyo Categoría:Nados en 1916 Categoría:Finados en 2020 Categoría:Óscar á mellor actriz Categoría:Centenarios