O Corpo da Nobreza do Antigo Reino de Galicia (polo seu nome rexistrado en castelán e oficial Cuerpo de la Nobleza del Antigo Reino de Galicia) é unha asociación nobiliaria que agrupa a nobres de orixe galega tanto de Galicia e España, coma do exterior. O seu fin declarado é pular para que se manteñan os costumes, o patrimonio e a historia da nobreza galega. Tamén establecen como unha das súas principais funcións "desenvolver actividades culturais, sociais e benéficas". Creouse en 2007. Emblemas O brasón recolle os elementos do escudo de Galicia (o cálice e as sete cruces), co lema Nobilitas in uirtute, un adaxio latino que significa "nobreza na virtude".
Ten a sede administrativa en Liáns (Oleiros), e a simbólica na igrexa de San Paio de Antealtares, en Santiago de Compostela. Alí celebran o día do patrón, San Rosendo, o 1 de marzo.
Membros Para entrar na asociación hai que cumprir, ao xuízo da súa directiva, uns criterios patrimoniais e de vencello a Galicia. Non hai unha listaxe pública de membros desta asociación, pero téñense mencionado entre os seus membros as seguintes persoas: Javier Wegmüller Redondo, Conde de San Javier y Casa Laredo. Marta Mahou López Lousada, antiga marquesa de Villaverde de Limia. Ignacio Medina y Fernández de Córdoba, conde de Ribadavia e duque de Segorbe César Novoa Alcaraz, marqués de Patiño. Lorenzo Piñeyro Escrivá de Romaní, marqués de Bendaña. José Antonio de Autrán y Arias-Salgado, marqués de Esteva de las Delicias Cristóbal Emilio Deza Gordo, marqués de Vilagarcía. Rafael Pérez-Blanco Pernas, marqués de Mos Javier Albo Quiroga, conde de Villar de Fuentes. Felipe Bárcena y Varela de Limia, conde de Torrecedeira Marcelino Cancio-Donlebún Durán Manuel Bárcena y Fernández de Angulo Álvaro de Arce y Temes Pilar Carbajo, condesa de Villar de Fuentes Francisco Javier Rodríguez de Cancio-Donlebún. Ana Carmen Rodríguez Cancio-Donlebún Juan Carlos Cancio-Donlebún Durán. Alejandro Millán Mon, conde de Quirós. Ignacio Pérez-Blanco Pernas, marqués de Valladares. Gonzalo Fernández de Córdoba Narváez, conde de Gondomar. Ignacio Autrán Cerqueira. Manuel Pardo de Vera y Díaz. Eduardo Pardo de Guevara Valdés. Jaime Bermúdez de la Puente y González del Valle, conde de Castelo. José María Bermúdez de la Puente y González del Valle. Martín Bermúdez de la Puente y González del Valle. Ignacio Autrán y Arias Salgado. María del Carmen Josefa Piñeyro y Martos, condesa de Torralba de Aragón. Isabel Piñeyro y Martos, marquesa de Albolote. Miguel Ángel Hermida y Jiménez Isabel de Mandalúniz y Castelo D'Ortega, marquesa de Taurisano e duquesa de Veragua Xosé María Arias, conde de Fenosa. José María de la Figuera y López, marqués de Fuente el Sol. José María Bustillo Ameijide O capelán da asociación é Manuel-José Cociña Abella.
Notas
Categoría:Asociacións de Galicia Categoría:Nobreza de Galicia