O Renault Voiturette foi o primeiro automóbil de Renault que se produciu, e foi fabricado entre 1898 e 1903. O nome foi utilizado por cinco modelos.
Os primeiros Voiturettes montaban motores De Dion-Bouton, que se utilizaron ata mediados dos setenta por varios automóbiles Renault. O coche utilizaba pneumáticos Continental, que seguen utilizándose para diversos modelos Renault modernos.
Voiturette Tipo A left|miniatura|Renault Type D Serie B Voiturette de 1901. miniatura|left|Vista xeral do Renault Voiturette, circa 1900. miniatura|left|Plano do chasis do Renault Voiturette e da caixa de velocidades.
O Voiturette foi deseñado polo creador da marca Louis Renault en 1898. O primeiro Voiturette foi vendido a un amigo do pai de Louis logo de ir dar un paseo con Louis pola rúa Lepic o 24 de decembro de 1898. Doce coches máis se venderon esa noite. A razón principal para comprar o coche era a incrible capacidade do coche para subir rúas sen ningunha dificultade e a súa economía de combustible. O coche montaba un motor dun cilindro De Dion-Bouton, o que lle permitía alcanzar unha velocidade máxima de 32 km/h.
Voiturette Tipo B O tipo B era basicamente o mesmo Voiturette. A diferenza era o aspecto estraño do coche, que incluía un teito e dúas portas. Louis Renault inventou o sedán en 1899.
Voiturette Tipo C O tipo C foi o primeiro coche de catro prazas de Renault. Logo de varias modificacións mecánicas e exteriores, o coche comezouse a fabricar en 1900. O coche foi presentado no Salón do automóbil de París de 1900, que presentou por primeira vez a Renault Frères como un fabricante de automóbiles.
Voiturette Tipo D / E / G Os Voiturettes Tipo D e E foron similares ó Tipo C, pero con algunhas diferenzas, sobre todo o motor mellorado de 5 CV. O Tipo D era idéntico ó tipo C agás o teito retráctil e o Tipo E mostraba un teito máis longo que o do tipo B, pero sen ningún tipo de porta. O tipo G utiliza o mesmo chasis e carrozaría que o Tipo D e E, pero cun motor mellorado.
Notas
Véxase tamén
Voiturette